Mostrando entradas con la etiqueta ESCOLA DE FAMILIAS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ESCOLA DE FAMILIAS. Mostrar todas las entradas

miércoles, 9 de diciembre de 2015

CALENDARIO CEAPA 2016

Calendario de tarefas editado por CEAPA cuxa finalidade é axuda aos pais e nais a reforzar as competencias clave dos seus fillos e fillas no fogar.
As competencias clave para a aprendizaxe permanente son unha iniciativa da comunidade europea cuxo fin é mellorar a calidade do ensino impartido nos centros educativos europeos, impulsando que a aprendizaxe na escola sexa máis práctico e funcional para a vida diaria para garantir que o alumnado aprenda coñecementos e destrezas que sexan aplicables na súa vida diaria e na súa vida laboral futura..

Para acceder pincha na imaxen
Para promovelas, A Confederación Española de Asociacións de Pais e Nais de Alumnos (CEAPA) deseñou un calendario para que os proxenitores realicen cada día cos seus fillos/as unha tarefa que lles axude a desenvolver estas competencias clave de maneira complementaria ao traballo do profesorado no colexio.
O calendario trata de ser un xogo, a modo de guía para a familia, para ensaiar actividades que adestren os saberes dos nosos fillos e fillas, e aumenten as oportunidades de éxito da vida escolar e social. 
En cada día do mes atoparemos unha tarefa ligada a unha competencia concreta (indicada entre paréntese numericamente) que nos dará pistas sobre que tipo de actividades podemos realizar para traballar en casa as competencias clave para a aprendizaxe permanente e, así, complementar o traballo que o profesorado faga sobre as mesmas no centro educativo. 
De forma xeral, as actividades propostas son para realizar en familia. O grao de colaboración, autonomía e responsabilidade adecuado para realizar cada unha das actividades propostas estará determinado pola idade dos nosos fillos e fillas.



jueves, 26 de marzo de 2015

CIBERACOSO: DECÁLOGO PARA FAMILIAS

O Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo elaborou unha serie de pautas para actuar en caso de ciberacoso escolar. Trátase dun breve "decálogo" dirixido a pais e nais, un breve documento con pasos a seguir unha vez se confirmou que o noso fillo/a sofre de acoso.



Decálogo de Actuación para Pais e Nais.

domingo, 23 de febrero de 2014

MATERIAIS PARA DINAMIZAR DEBATES NAS ESCOLAS DE FAMILIA


O programa Redes pon á nosa disposición materiais sobre os que poder desenvolver charlas ou debates nas Escolas de familia. Eduard Punset e o seu equipo teñen un grande interese nos temas educativos, cunha perspectiva científica que busca poñer en evidencia a necesidade de cambiar cos tempos e á luz dos novos descubrimentos que cuestionan prácticas educativas caducas. 
A modo de exemplo suxiro os seguintes programas:

Mais programas na web de REDES:
http://www.rtve.es/television/redes

viernes, 24 de enero de 2014

NOVO PORTAL DE ESCOLA DE FAMILIAS

A Consellaría de Educación de Andalucía acaba de crear o Portal Escola de Familias. Boa recompilación de materiais e moi útil para traballalo en Escolas de Familia, titorías, ou reunións de Nais e pais.