martes, 10 de enero de 2017

CONVOCATORIA DAS PROBAS DE ACCESO A CICLOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL DE GRAO MEDIO E SUPERIOR 2017


Publicouse a Orde do 22 de decembro de 2016 pola que se convocan as probas de acceso a ciclos de Formación Profesional de Grao Medio e Superior para o ano 2017.
      PRAZOS DE INSCRICIÓN:

  • CICLOS MEDIOS: Entre o 13 e o 23 de MARZO de 2017, ambos os dous incluídos.
  • CICLOS SUPERIORES: Entre o 06 e o 15 de febreiro de 2017, ambos os dous incluídos.

      REQUISITOS DE INSCRICIÓN:
  • CICLOS MEDIOSNon cumprir requisitos de acceso directo e ter alomenos 17 anos no 2017.
  • CICLOS SUPERIORES: Non cumprir requisitos de acceso directo e ter alomenos 19 anos no 2017.
  • EXENCIÓNS E DOCUMENTACIÓN: Orde do 22 de decembro de 2017

    SOLICITUDE DE INSCRICIÓN:

    En soporte papel na secretaría de calquera instituto de educación se­cundaria onde se impartan ensinanzas de ciclos formativos de formación profesional ou centros integrados de formación profesional.
    Via web na seguinte aplicación:
    https://www.edu.xunta.es/ciclosprobas/PaxinaInicio.do que estará activa durante o prazo de inscrición.

    DATAS E HORARIOS DA PROBA:

    1. As probas de acceso aos Ciclos de Grao Medio terán lugar o día 31 de maio de 2017 no horario que se indica a seguir:
    Ás 9.00 horas: presentación.
    Das 10.00 ás 13.00 horas: Matemáticas, Lingua galega, Lingua castelá  e Ciencias sociais.
    Das 16.00 ás 18.00 horas: Ciencias da natureza e Tecnoloxía
    2. As probas de acceso aos Ciclos de Grao Superior terán lugar o día 20 de abril de 2017 no horario que se indica a seguir:
    Ás 9.00 horas: presentación.
    Das 10.15 ás 13.30 horas: Parte común da proba (matemáticas, lingua galega e lingua castelá).
    Das 16.00 ás 18.30 horas: Parte específica da proba (materias específicas da opción vinculada ao ciclo formativo ao que se desexe acceder, segundo o anexo VII da resolución).
Lembrar que hai que acudir á proba co DNI e a copia do impreso de inscrición que se realizou.



INFORMACIÓNS DE INTERÉS NESTA CONVOCATORIA

IMPRESOS PARA INSCRICIÓN NA PROBA:
Impresos proba acceso a Ciclos Medios:
Modelo de solicitude de inscrición
Modelo de certificacións de actividades realizadas na empresa
Solicitude de corrección do documento de identificación
Modelo de reclamación ás cualificacións das probas de acceso a grao medio.

Impresos proba acceso a Ciclos Superiores:

Modelo de solicitude de inscrición
Modelo de certificacións de actividades realizadas na empresa
Solicitude de corrección do documento de identificación
Modelo de reclamación ás cualificacións das probas de acceso a grao superior

Orde do 22 de decembro de 2016 pola que se convocan as probas de acceso a ciclos de Formación Profesional de Grao Medio e Superior para o ano 2017.
    Materiais didácticos para facilitar a preparación das probas de acceso a ciclos formativos de grao medio.
Prema nas seguintes ligazóns para acceder aos materiais (ficheiros en formato ZIP. Debes descomprimilos nun directorio):

Materiais da parte científico-tecnolóxica

Material da parte científico-tecnolóxica.

Materiais da parte sociocultural.

Materia de Xeografía, historia e ciencias sociais.
Materia de Lingua galega e literatura.
Materia de Lingua castelá e literatura.

MODELOS DE EXAMES ANTERIORES