jueves, 31 de mayo de 2012

5 de xuño: DÍA MUNDIAL DO MEDIO ÁMBIENTE

Imagen de un árbol. Día Mundial del Medio Ambiente
O Día Mundial do Medio Ambiente é un dos principais vehículos que as Nacións Unidas utilizan para fomentar a sensibilización mundial sobre o medio ambiente e promover a atención e acción política ao respecto.
Os obxectivos son darlle unha cara humana aos temas ambientais, motivar que as personas convertanse en axentes activos do desarrollo sostible e equitativo, promover o papel fundamental das comunidades no  cambio de actitude cara temas ambientais, e fomentar a cooperación, o cal garantirá que todas as nacións e personas desfruten dun futuro máis prospero e seguro.
Fonte: Nacións Unidas

Dende o INTEF destacamos algúns dos recursos e páxinas de interese para desarrollar o tema nas aulas.

RECURSOS EDUCATIVOS NO PORTAL DO INTEF
PÁXINAS DE INTERESE
Imaxen: María Vega

miércoles, 30 de mayo de 2012

RECURSOS TIC PARA BIBLIOTECAS ESCOLARES: Cómo conseguir ebooks gratuitos e crear unha completa biblioteca virtual no aula


Podese crear unha completa biblioteca virtual gratuita e accesible dende a nube. As temáticas van dende as novelas de ciencia ficción, libros de literatura clásica, poesía, grandes autores ata traballos de investigación e estudos científicos. Para atopalos fácilmente imos a: 
Google ebooks
 


Ler mais en Vía Totemguard

martes, 29 de mayo de 2012

OS FUTUROS BATEEIROS

Hoxe 29 de maio visitáronnos os futuros Bateeiros, que son os alumnos/as de 5 anos na EEI As Dunas. Viñeron coa súa profe Isa e a Directora Raquel. Estaban moi nerviosos pois ían coñecer o seu futuro colexio. Os nenos e nenas de 2º traballaron moitísimo para decorar a clase, facer o mural dos futuros Bateeiros e facer os debuxos cos que os agasallaron. Xuntámonos todos e todas no Salón de actos e fixemos unha dinámica de grupos para coñecernos un pouco mellor, pasámolo moi ben todos.





Coñecendonos - foto montaje



Logo de facer a presentación e coñecernos un pouco mellor démoslles a sorpresa de ensinarlles o pavillón que é enorme e alí estaba Victor para facer un xogo deportivo con todos nos.




Desfrutaron no recreo coa alumnado do primeiro ciclo moitos deles foran xa compañeiros/as deles na Escola de Dunas.





De repente escoitouse por todo o patio un timbre moi forte e todos os nenos/as foron para a entrada do colexio e puxéronse en filas, os pequenos tamén¡¡¡ e subiron cos demais para as clases.. Algúns nenos e nenas de 2º de EP explicaron cada espacio do colexio e o significado dos murais que temos polos corredores, o ciclo da auga, os muíños de marea, os conteñedores de reciclaxe, o medio ambiente......e que están a facer no proxecto deste curso sobre as enerxías sostibles “Do pedernal á fusión”; logo foron a súa futura clase e chamoulles moito a atención o mural do corredor que fixeramos para recibilos e sobre todo que estiveran as súas fotos postas nel, non facían mais que sinalar a foto na que estaban eles.
Logo pasaron a clase e sentáronse cada un con varios nenos/as de 2º de EP que tiñan un agasallo para eles, fixéranlles uns debuxos para que os colorearan e puxeran o seu nome neles, estes debuxos estarán en setembro postos nas súas mesas.



A continuación fomos a Biblioteca que era o único que lles faltaba por coñecer e alí estaba Sara Penedo alumna de 4º da ESO para contarlles un conto moi bonito “O Xaxilé azul”, non pestañearon e gustoulles moito.

Dámoslle a BENVIDA a todos eles/as e esperamos que sexan moi felices neste cole e que aprendan moitas cousas.

domingo, 20 de mayo de 2012

CINE Y EDUCACIÓN EN VALORES: 22 PELÍCULAS E UD

O Goberno de Aragón no Departamento de Bienestar Social, Sanidade e Familia publica unha serie de guías didácticas sobre varias películas relacionadas con: 

RECURSO TDA-H

Na web Trastorno Hiperactividad, atopase este extraordinario material. Son uns contos que ao lelos permitirá aos nenos/as desenvolver estratexias de comportamento ante situacións habituais, como a de "Escoitar e pensar antes de actuar". Son contos que se desenvolven en diferentes situacións: na casa, no colexio, en vacacións, cos amigos… e teñen como protagonistas personaxes cos que os nenos/as poden identificarse. Pincha nas imáxes para descargar os contos:


Trasto, un campeón en la familia (Ver)
Pincho se va de vacaciones (Ver)

Luna destaca en el colegio (Ver)

Fosforete, un amigo muy especial (Ver)