martes, 8 de abril de 2014

ORIENTACIÓNS PARA TRATAR AO ALUMNADO CON TEA

CARTEL PUBLICADO POLO GRUPO DE TRABALLO “ELABORACIÓN DE MATERIAIS PARA ALUMNADO CON TRASTORNO DO ESPECTRO AUTISTA”, do CEIP de TIRÁN (Moaña).


REVISTA CONVIVES: Nº 6

ADICADO A INTELIXENCIA EMOCIONAL E A CONVIVENCIA


miércoles, 2 de abril de 2014

GUÍA DE CATEGORIAS DIAGNÓSTICAS E RECOPILATORI DE RECURSOS PARA ALUMNOS ACNEAE ou NEE

Nesta guía encontraremos unha recompilación de categorías diagnósticas e recursos para traballar  dende o departamento de orientación e dende a aula con alumnos con necesidades específicas de apoio educativo.

Pica na imaxe para acceder a Guía interactiva
INDICE DE MATERIAIS
  • Trastornos Graves do Desenvolvemento
  • Minusvalidez Visual
  • Minusvalidez Intelectual
  • Minusvalidez Auditiva
  • Trastornos da comunicación
  • Minusvalidez Física
  • Trastornos do Espectro Autista
  • Trastornos Graves de Conduta
  • Trastorno por déficit de atención con hiperactividade
  • Outros trastornos mentais
  • Enfermidades raras e crónicas
  • Dificultades de Aprendizaxe
  • Altas Capacidades Intelectuais
  • Compensación Educativa
Autores da guía

AXUDAS A ALUMNOS/AS DE ESO E BACHARELATO PARA FORMARSE EN INGLÉS 2014

A Consellería de Educación acaba de convocar axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2014, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos en Galicia.

REQUISITOS:

Estar cursando 1º, 2º, 3º ou 4º de ESO, ou 1º e 2º de Bacharelato no curso 2013/2014.
Ter superadas todas as materias do curso 2012/2013 e ter acadado un mínimo de "ben" na materia de lingua inglesa. 
No ter concedida outra axuda coa mesma finalidade para o presente curso. 

SOLICITUDES: 

As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a travé do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es . Para o cal é necesario ter DNI electrónico.
Poderase cubrir en liña o formulario electrónico que corresponda en función da actividade en que desexan participar, a través da aplicación dispoñible desd a páxina web http://www.edu.xunta.es/axudasle, unha vez cuberto este formulario, gravarán os datos na aplicación en liña, o que xerará un documento en formato Adobe Acrobat que a persoa interesada deberá imprimir, asinar e entregar coa documentación correspondente nalgún rexistro.
Alternativamente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. En caso de enviarse por correo, o envío deberá ser certificado, co selo de Correos na primeira folla do formulario.

PRAZO DE SOLICITUDE: Do 28 de marzo ao 29 de abril. 


PERÍODO DAS ACTIVIDADES: Dende a última semana de xuño ata finais de agosto de 2014. 


PRAZAS OFERTADAS: 


ENLACE CON TODA A INFORMACIÓN: Convocatoria no Diario Oficial de Galicia.