miércoles, 27 de febrero de 2013

ACOSO E BULLYING


Recollemos aquí a entrada feita pola compañeira Patricia Díaz sobre ACOSO ESCOLAR E BULLYING para levar a cabo na titoría co alumnado, nela presenta un material moi interesante sobre esta temática con material para a sensibilización do profesorado e alumnado.
MATERIAL PARA A SENSIBILIZACIÓN DO PROFESORADO:
  1. GUÍA ACOSO PARA O PROFESORADO. PINCHA AQUÍ.
  2. GUÍA PIKAS PARA O PROFESOR/A. PINCHA AQUÍ 
  3. POWER POINT DE GLORÍA ROLDÁN ( PSICÓLOGA CLÍNICA) NA CONFERENCIA REALIZADA O DÍA 13 DE FEBRERO DENTRO DO CURSO ORGANIZADO POR ASOSGRA ( ASOCIACIÓN DE ORIENTADORES DE GRANADA E O CEP) XUNTO CO XUÍZ CALATAYUD. PINCHA AQUÍ. 
MATERIAL PARA COMPLEMENTAR O VISIONADO DOS VÍDEOS: COMIC. GUÍA SÚMATE. PINCHA AQUÍ.

VÍDEOS PARA O ALUMNADO:
- 1º-2º ESO:
  1. COÑECES A ADOLFO. AQUÍ
  2.  UN DÍA MAÍS. AQUÍ
3º-4º ESO: 
  1. VÍDEO AMANDA TOOD. AQUÍ
  2. O DOLOR SILENCIOSO. AQUÍ
  3. ACOSO BULLYING. AQUÍ
ENGADO O SEGUINTE VÍDEO XA QUE PARÉCEME INTERESANTE PARA QUE SEXA VISIONADO POR TODOS OS MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA. AQUÍ

lunes, 18 de febrero de 2013

PREMIOS GOYA: CORTO SOBRE OS NENOS SOLDADO

En Vimeo podedes ver o corto gañador nos Premios Goya "AQUEL NO ERA YO" sobre os nenos soldado. É interesante para traballar como material na titoría.

DÍA INTERNACIONAL: SÍNDROME DE ASPERGER

Hoxe 18 de febreiro celébrase ol día internacional do síndrome de Asperger. Con motivo desta celebración  e grazas a blogs como Familia e escola, a botica do orientador.....podo ofrecervos unha guía eminentemente práctica sobre este síndrome.  A guía sobre o síndrome de Asperger elaborada pola Asociación Asperger de Asturias. Como eles indican, tratase dunha guía específica para todo o entorno educativo.



viernes, 15 de febrero de 2013

XUNTANZA FAMILIAS 4º ESO



Estimadas familias:
O Departamento de Orientación dentro  do Plan de Orientación Académica e Profesional que ven desenvolvendo co alumnado de 4º da ESO, ten previsto realizar unha xuntanza informativa para as familias referente as alternativas ao termino da ESO e a toma de decisión académica que deben realizar os voso fillos e fillas ao remate deste curso. A finalidade desta xuntanza e que podades axudarlles nesta importante decisión. 
Tema: Orientación Vocacional e Profesional ao termino da ESO.
Día: luns 18 de febreiro
Hora: 16:00
Lugar: Sala de audiovisuais do CPI de Panxón, sita na planta baixa do Colexio.
 TEMA
REDES SOCIAIS E PERIGOS DE INTERNET
QUE PODEN FACER AS FAMILIAS?Dada a importancia que ten dita información para poder compartir esa elección cos vosos fillos e fillas esperamos contar coa vosa asistencia.

jueves, 14 de febrero de 2013

O SÍNDROME DE ASPERGER

Documento que contén estartexias prácticas para o aula, editado polo Servizo de Publicacións do Goberno Vasco, Dpto. de Cultura e Dirección do Deporte, Vitoria-Gasteiz, 2002, 1ª ed. (necesidades educativas especiais). Pincha na imaxen para visualizalo

lunes, 4 de febrero de 2013

SER PERSOA E RELACIONARSE

Ser persona e relacionarse é un programa de Competencia Social e Habilidades cognitivas dirixido ao alumnado de Ensinanza Secundaria (Manuel Segura Morales). O programa ten por obxectivo mellorar as relacións interpersoais e, en consecuencia, previr e servir de terapia para os problemas sociais, interpersoais. Traballa as habilidades cognitivas (valores morais) e as habilidades sociais. Está dirixido a todos o alumnado de educación secundaria, nunha liña máis ben preventiva que terapéutica. 

1.- Programa ser persona e relacionarse para o primeir ciclo da ESO. Ver
2.- Programa ser persoa e relacionarse para o segundo ciclo da ESO. Ver

"ENTRE MAESTROS" DOCUMENTAL FICCIÓN SOBRE UNHA NOVA MANEIRA DE ENSINAR

Alumnos voluntarios participaron nunha experiencia educativa innovadora baseada no método dun profesor de Barcelona Carlos González. Desta experiencia naceu o documental "Entre maestros" da productora ALEA que se estrea este mes e que amosa unha maneira educativa distinta que ten o autocoñecemento como pilar.
Tratase experiencia baseada na autoestima, o respeto, a confianza e a provocación.


O programa "La Ventana" presentado por  Carles Francino fixo a Carlos González, profesor del documental Entre maestros unha  entrevista É interesante escoitar as ideas deste gran educador. 

CADERNIÑOS DIFICULTADES DE APRENDIZAXE

Raquel Marcos-Alberca Calonge " El baúl virtual" realizou unha recopilación de materiais publicados en distintos blogs para traballar con alumnado que presenta dificultades de aprendizaxe. Pareceume interesante o traballo xa que está bastante ben organizado.