miércoles, 27 de junio de 2012

APRENDEMOS E DIVERTÍMONOS NO VERÁN



Materias E. Infantil / 1º Ciclo Primaria / MáIs niveis: Lingua - Matemáticas - C. do Medio - Inglés - Inglés (pasarratos) - Inglés (temas e cultura) - Francés - Máis linguas - E. Física - E. Artística - Relixión - Convivir, entorno, saúde - Pasarratos - Varias áreas - Fontes consulta


Como cada ano o Portal da Xunta de Castilla – León  ofrecenos a súa proposta educativa estival. Ademáis de atopar novas aplicacións, encontrarás unha selección dos mellores xogos publicados en anos anteriores. O resultado é un entorno divertido, variado e educativo que te servirá para pasalo ben, entreterte, repasar e aprender.



¡FELICES VACACIÓNS¡¡¡¡¡

CADERNOS DE COMUNICACIÓN E LINGUAXE

Dende o blog de Orientación Andujar cheganos este material de cadernos para traballar a linguaxe e a comunicación nos diferentes cursos de Educación Primaria. Consta de dous arquivos para cada curso: un caderno de traballo para o alumno e unha guía docente para o profesor/a. Podes descargar o material e ampliar información AQUÍ. Leva tempo a descarga dos cadernos, xa que son arquivos de gran tamaño.

martes, 26 de junio de 2012

ACOLLIDA E INTEGRACIÓN

ACOGIDA Y eL2 + | Orientación y convivencia | Scoop.it
Lugar de encontro para o profesorado que ten nas súas aulas  alumnado estranxeiro e que considera o aprendizaxe do novo idioma como unha das ferramentas fundamentais para a integración.
De José Blas García.



ALBOAN: Recursos para educar

Páxina de educación de ALBOAN con materiais e recursos para educar en solidaridade.

domingo, 24 de junio de 2012

ADMISIÓN NAS EOI

Prazos de preinscripción:
  • Para os cursos de 1º nivel básico as preinscricións realizaranse dende o 27 de xuño ata o 12 de xullo.
  • Para os demais cursos, as preincricións realizaranse dende o 27 de xuño ata o 12 de setembro.
  • Todas as preinscricións realizarnase obrigatoriamente en liña nos prazos establecidos na circular a través do acceso https://www.eoidigital.com/preinsxunta/alumnos/index.php e de acordo coas instrucións que figuran no anexo III.
INFORMACIÓN COMPLETA (Circular 3/2012)

QUIERO QUE TE QUIERO: GUÍA PARA PAIS E NAIS

Enlace á páxina web: www.quieroquetequiero.es
É un espacio creado pola ONG Save the Children para compartir materiais, reflexións e vivencias sobre parentalidade positiva, educación sen violencia e bo trato.



Merece a pena a  entrada que comparte a periodista Ana Pastor titulado:  Ser madre no blog de Save the Children.



lunes, 18 de junio de 2012

MATRÍCULA EN FP

Hoxe abrese a prazo de presentación de solicitudes de matrícula para os ciclos de FP de grao medio e superior para o curso 2012-13.

O prazo ordinario é do 18 de xuño ao 2 de xullo, ambos os dous incluídos. 

O prazo extraordinario abranguerá desde o día 3 ao 12 de setembro, ambos os dous incluídos.
DOCUMENTACIÓN:

      • Fotocopia do DNI cotexada
      • Certificación académica
      • Impresos (AnexoI e Anexo IA)

Os centros farán pública o día 4 de xullo a relación provisional de persoas solicitantes no taboleiro de anuncios. Esta publicación realizarase, así mesmo, na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria: www.edu.xunta.es/fp. Establécese un prazo de reclamacións ata o día 10 de xullo ás 13.00 horas.

O día 16 de xullo farase pública nos taboleiros de anuncios dos centros e na páxina web www.edu.xunta.es/fp a listaxe definitiva de solicitantes.

O día 17 de xullo publicarase no taboleiro de anuncios dos centros educativos e na páxina web a primeira relación ordinaria de persoas admitidas en cada ciclo formativo de grao medio ou superior

Dende o día 17 ao día 19 de xullo ás 13.00 horas deberase matricular ou ben renunciar o alumnado admitido en cada ciclo no centro en que fose adxudicado.

sábado, 16 de junio de 2012

MANUAL PARA IMPLANTAR UN SERVIZO DE MEDIACIÓN ESCOLAR


Excelente traballo realizado por
  • Javier García Barreiro
  • Olivia Giménez Fernández
  • Mª Begoña González García
  • Mª Victoria Grund Pendón
  • Mª Blanca Lara Serna

Este estupendo manual sobre mediación, elaborado polos responsables de mediación dos Institutos Fin do Camiño de Fisterra, Portada Alta de Málaga, Alto Nalón de Barredos-Laviana y Montes Obarenes de Miranda de Ebro.
Partiedo da súa propia experiencia, reflexionan sobre as condicións que se deben ter en conta á hora de poñer en marcha un servizo de mediación nos centros.


MEDIACIÓN EN LA PRÁCTICA, manual de implantación de un servicio de mediación escolar

Guía para a avaliación inicial do alumnado de incorporación tardía

O obxectivo principal desta guía é mellorar a práctica na inclusión educativa do alumnado extranxeiro e das súas familias no entorno escolar, facilitando a integración social e cultural.
Índice de contido
- Introducción.
- O alumnado de orixe extranxeiro nos centros.
- Avaliación inicial: descrición e procedemento.
- As necesidades específicas do alumnado: diferenciación entre necesidades educativas especiais e necesidades lingüísticas.
- O alumnado de outras linguas: O aprendizaxe dunha segunda lingua, beneficios e dificultades do bilingüismo.
- O alumnado de outras linguas en educación infantil.
- Consideracións para a avaliación inicial do alumnado de orixe chino.
- Consideraciones para a avaliación inicial do alumnado de orixe marroquí
- Consideraciones para a avaliación inicial do alumnado de orixe subsahariano.
- Consideraciones para a avaliación inicial do alumnado de procedente do este de Europa.
- Síntesis dos sistemas educativos de Ecuador, Colombia e República Dominicana
- Bibliografía






viernes, 15 de junio de 2012

Proposta para a participación das familias nos centros educatitvos


Guía na que se concretan unha serie de suxerencias que poden axudar aos centros a motivar á participación e implicación das familias extranxeiras na educación dos seus fillos e fillas.

Fonte: Educastur                              Pincha e accede!!

ALTERACIÓNS DO COMPORTAMENTO EN CONTEXTOS EDUCATIVOS

O seguinte material pretende dar resposta educativa ás alteracións do comportamento que se observan no contexto educativo actual e require dun proceso de reflexión sobre o coñecemento actual respecto o comportamento humano, as súas características e as interaccións presentes no ámbito das relacións sociais.

Contido:           
Libro1: Bases teóricas das alteracións do comportamento. Comportamento e alteracións. Modelos explicativos dende o ámbito escolar. Factores de risco.

Caderno 2: Intervención educativa. Medidas de Centro e de Aula. Orientacións didácticas para a docencia. Incidentes e pautas de Centro e Familia.

Caderno 3: Proceso de Intervención do Equipo Específico de Alteracións do Comportamento. Protocolos, demandas, avaliación, medidas e seguimento. Direccións e contactos.

Caderno 4: Intervención familiar. Indicadores de avaliación. Interacción pais e fillos. Pautas e normas. Esferas de intervención. Anexo con cuestionarios.

Caderno 5: Programa “Trampolín” e Programa “Ponte”. Alumnos destinatarios, recursos e metodoloxía. Áreas de intervención. Actividades.

Caderno 6: Técnicas e estratexias de intervención. Fichas descriptivas de técnicas e actividades. Intervención ante a falta de control e impulsividade, atención e memoria de traballo, frustración e recoñecemento,habilidades sociais, modificación de conducta e resolución de conflictos, e descriptores das dinámicas de grupo (características, utilidade e limitacións).

Fuente: Educastur 

Pincha e accede!!

jueves, 14 de junio de 2012

GUÍA PRÁCTICA SOBRE TRASTORNO LÍMITE DA PERSONALIDADE

O TLP consiste nun patrón persistente de inestabilidade nas relacións interpersonais, afecto e autoimaxe con escaso control de impulsos. Constitue un síndrome heteroxéneo, difícil de delimitar, con presentacións clínicas e do comportamento que varían entre individuos e entre os distintos momentos de evolución dun mismo paciente. A variabilidade das presentacións clínicas do TLP conleva que sexa un trastorno infradiagnosticado e que presente demora no seu diagnóstico.

A continuación tendes o link a través do que  podédes descargar a guía en formato PDF.

PREPARANDO EXAMES

Da "Botica del orientador" Unha estupenda guía con consellos para preparar exames na ESO.

GUÍA DE INTERVENCIÓN EN CASOS DE AUTISMO

Guía de intervención dirixida ao alumnado con Autismo" realizada pola Federación Autismo Castilla e León (FACYL).
A presente guía pretende axudarnos a comprender as necesidades educativas destos alumnos/as, e a  dar respostas ás necesidades que presentan a través de estratexias sinxelas e eficaces que promovan o seu su acceso á educación en igualdade de oportunidades.


Vía: Nuestras cositas de audición y lenguaje

CALENDARIO ESCOLAR 2012-13

Orde do 13 de xuño de 2012 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2012/2013, nos centros docentes sostidos con fondos públicos.

lunes, 11 de junio de 2012

GUÍA PRÁCTICA PARA LOS TRASTORNOS DE DÉFICIT POR ATENCIÓN CON O SIN HIPERACTIVIDAD

Documento en pdf: "Guía práctica para os trastornos de déficit atencional con/sin hiperactividade" realizado por Alberto Espina y Asunción Ortego.

CADERNOS FONDO LECTOR PRIMARIO

Na Web de Vindel podemos atopar os "Cadernos de FONDO LECTOR" que abarcan os cursos de 2º a 6º de primaria e que desenvolven tanto a comprensión lectora como o vocabulario cunha lección semanal (30 en total). Deixamosvos os correspondentes a 4º-5º e 6º de EP, no noso centro utilizamolos dentro do Plan de lectura nas gardas, sempre que o profesor/a que falte non haxa deixado tarefa .



Outras páxinas de interese:

sábado, 9 de junio de 2012

TRATAMIENTO COGNITIVO EN NENOS/AS CON TDA-H

Isabel Orjales realiza unha revisión dos programas cognitivos aplicados a nenos/as con Trastorno por Déficit de Atención con Hiperactividad (TDAH).
Para ler o documento pinchade na imaxe.




viernes, 8 de junio de 2012

DÍA MUNDIAL DOS OCÉANOS: Limpando a praia

Ás 10:30 esperábannos no porto de Panxón monitores que tras comentarlles a importancia de coidar o medioambiente e explicarlles con carteis os anos que tardan algúns materiais en destruirse, entregáronlles luvas e bolsas de plástico, unha para cada material : papel, plasticos, orgánicos e cristal

Divididos en grupos de sete alumnos/as por monitor deu comezo a actividade, pola que mostraron moito entusiasmo.

Poideron percatarse con asombro da cantidade de porquería que ían atopando ao longo a praia, coma unha roda dun camión e outra dun coche, preguntándose como chegaran ata ese lugar. Tamén atoparon redes, anzós, roupa, botellas, etc. Tanto as rodas coma algún plástico grande acabaron coas súas forzas porque estaban tan enterrados na area que se resistiron a sair pese ao empeño que puxeron.
Coñeceron algunha variedade de algas, así coma a súa cor e textura.
Despois de duas horas aproximadamente voltaron ao colexio satisfeitos pola labor que fixeran, eso si con moitas ganas de tomar o bocadillo.



Día dos Océanos - diapositivas

NOTAS PROVISIONAIS PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO

Link no que podedes consultar as notas.
Non esquezades que os que aprobachedes algunha das tres partes podedes solicitar o certificado correspondente para pedir a exención na próxima convocatoria.

DÍA MUNDIAL DOS OCÉANOS


Hoxe, 8 de xuño, Día Mundial dos Océanos, o CPI DE PANXÓN sumase as acción que se desenvolven neste día achegando o noso grao de area coa actividade de limpeza das praias de Panxón polo alumnado de EP. Con esta actividade queremos concienciar sobre a grave situación en que se atopan os nosos océanos, altamente contaminados, denunciando a acumulación de residuos que se está a dar nos nosos mares, onde se forman placas de lixo de proporcións abrumadoras. Esta actividade enmárcase dentro do proxecto que desenvolvemos este curso no centro "Do pedernal áfusión"

DÍA MUNDIAL DOS OCÉANOS. GREENPEACE PROPÓN ESTE MATERIAL DIDÁCTICO PARA TRABALLAR OS PROBLEMAS QUE HAI NOS OCÉANOS. PINCHA AQUÍ

jueves, 7 de junio de 2012

ACCESO E ADMISIÓN A CICLOS DE ENSINANZAS DEPORTIVAS

Resolución do 4 de xuño de 2012, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convocan probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2012/2013.

1. Requisitos para acceder ao grao medio das ensinanzas deportivas:
  • Dispor do título de graduado en educación secundaria, ou equivalente para os efectos académicos, e superar unha proba específica
  • O alumnado que non dispoña do título de graduado en educación secundaria, ou equivalente para os efectos académicos, deberá ter 17 anos e superar a proba de madureza que se establece no anexo III da resolución, ademais da correspondente proba específica.
  • A proba de madureza poderase substituír pola proba de acceso a ciclos formativos de grao medio de formación profesional ou de artes plásticas e deseño, ou a de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
2. Requisitos acceso ao grao superior das ensinanzas deportivas: 
  • Dispor do título de técnico deportivo na modalidade ou especialidade deportiva correspondente, ter o título de bacharelato, ou equivalente para os efectos académicos, e cumprir os requisitos relativos á experiencia deportiva que se puideren establecer na especialidade ou modalidade correspondente.
  • O alumnado que non posúa o título de bacharel, ou equivalente para os efectos académicos, deberá ter 19 anos e superar unha proba de madureza que se establece no anexo III da resolución, ou 18 anos sempre que posúa, ademais do título de técnico deportivo da modalidade correspondente, un título de técnico relacionado con aquel a que se desexa acceder.Tanto nun como noutro caso, a idade mínima establecida deberase cumprir dentro do ano natural de realización das probas.
  • A proba de madureza poderase substituír pola parte común da proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de formación profesional ou de artes plásticas e deseño, ou a de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
A inscrición para realizar as probas farase na secretaría dos centros públicos onde se impartan ensinanzas deportivas, coa excepción da especialidade hípica, que se fará nos centros autorizados que a impartan, no prazo comprendido entre o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia e o día 28 de xuño de 2012.





Acceso e admisión en CICLOS de Artes Plásticas e Deseño


Publicouse no DOG do 1 de xuño as instrucións para o acceso e admisión nos ciclos medios e superiores de Artes Plásticas e Deseño.
Publícanse:
  • As datas para a inscrición nas probas específicas de acceso e de madureza: Ata o 22 de xuño en CS e ata o 18 de xullo en CM.
  • As datas e horarios das probas.
  • Os contidos das probas.
  • As datas para a matrícula.
  • Os impresos de solicitude de admisión.

miércoles, 6 de junio de 2012

ESCOLA DE FAMILIAS

Onte rematamos a ESCOLA DE FAMILIAS,  nesta última sesión tratamos "A resolución de conflitos cos fillos/as adolescentes". Estamos moi contentos pois esta ESCOLA que comezou fai tres anos pouco a pouco vai incrementado no seu número e cada vez sodes mais as familias que vos acercades ao centro, non estan lonxe os días que eramos 4-5 familias as que participabamos, esperamos para o ano ir aumentando o número e que cada vez seades máis os que participedes. ¡Moitas grazas a todos/as pola vosa participación¡ 


GUÍA ILUSTRADA SOBRE ADIVERSIDADE E A DISCAPACIDADE


Diferentes é unha guía ilustrada destinada a nenos e nenas entre 4 e 8 anos que da unha visión moi sinxela sobre a diversidade e a discapacidade. Os autores da guía son Angels Ponce e Miguel Gallardo.
Enmarcase no compromiso de OHL e Fundación Adecco para eliminar barreiras sociais e normalizar a discapacidade.

DIFERENTES.PARTE I
DIFERENTES.PARTE II

lunes, 4 de junio de 2012

A ACTUALIDADE COMO RECURSO EDUCATIVO


Excelente espacio creado por Educared para traballar a actualidade como recurso educativo. 

Noticias de uso didáctico selecciona cada día algunha das noticias relevantes que se produciron  en España, ou no resto do mundo, e realiza unha proposta didáctica, relacionada coas TIC, e ligada ao currículo. As noticias están organizadas por materias e niveis educativos.
Pódese participar no proxecto enviando noticias de actualidade co seu correspondente plantexamento didáctico.


Vía de 

9 ENCICLOPEDIAS ONLINE


Via @jarevalo_FP
As enciclopedias virtuais aportan inmediatez. Cada vez mais alumnos/as contan nas súas casas e por suposto nos centros con conexión a Internet, o que facilita o acceso á Rede e os seus múltiples recursos. Entre estes, as enciclopedias on line son unha ferramenta moi valiosa, posto que a navegación facilita o acceso á información que se require en cada momento.

PROGRAMA DE DESARROLLO PERSONAL E MELLORA DAS HABILIDADES


Na páxina de Orientación e atención á diversidade de la Junta de extremadura informan de que no portal junior educativo, Discapnet pon a disposición de todos nós O programa de desarrollo persoal e mellora das habilidades elaborado polo gabinete pedagóxico Psycotec, desenvolvense neste os seguintes talleres: Taller de asertividade, autoestima, Comunicación, Coñecete a ti mesmo, Creatividade, escritura creativa, exposición de temas na clase, memoria e orientación vocacional.
Actividades

Entre os obxectivos das fichas atopanse fomentar o aprecio e autoestima sobre un mesmo, aprender a coidarte con amor e respeto, reflexionar sobre as túas metas e cómo logralas, ver a vida de forma positiva..."
Información sobre cada taller:

CAMBIO NO CALENDARIO DE IMPLANTACIÓN DA ESO


O Consello de Ministros a proposta do Ministro de Educación, Cultura e Deporte José Ignacio Wert, acordou a modificación do Real Decreto 1146/2011 sobre o calendario de implantación do réxime de Ensinanza Secundaria Obrigatoria.
O obxecto do Real Decreto é aprazar ata o curso académico 2014-2015 a aplicación daqueles aspectos do Real Decreto 1146/2011 cuxa implantación non foi obrigatoria no presente curso 2011-2012, pero sí no curso 2012-2013.
Polo tanto, queda diferida ata o curso 2014-2015 a implantación do:
  • Novo 4º curso da ESO
  • Os novos Programas de Cualificación Profesional Inicial, salvo naquelas Comunidades Autónomas que exerceran a súa potestade de anticipar a implantación ao curso 2011-2012.
  •  BOE completo: Real Decreto 881/2012