viernes, 12 de febrero de 2016

NOVIDADES NO ACCESO A CICLOS FORMATIVOS

Para o proximo curso e en aplicación da nova normativa legal, modifícanse as condicións de acceso aos Cicños de Grao superior e medio:
  
Ciclos Formativos de Grao Superior:
  • Acceso directo co título de Tecnico. (É dicir, os alumnos que superen un ciclo Formativo de Grao Medio non terán que realizar a proba de acceso, xa que accederán directamente ao Grao Superior).
  • Acceso directo aos ciclos de Grao Superior os titulados en BUP (Bacharelato Unificado Polivalente), da anterior Lei Xeral de Educación. Ata agora só os titulados en COU tiñan o acceso directo, así que se abre a porta tamén aos que se terminaron BUP.
Ciclos Formativos de Grao Medio.
  • Poderán acceder, ademais dos alumnos que posúan o Título da ESO, aqueles alumnos que dispoñan do Título de FP Básica.

INSCRICIÓN PROBAS DE ACCESO A CICLOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL GRAO MEDIO E GRAO SUPERIOR

      PRAZOS DE INSCRICIÓN:

  • CICLOS MEDIOS: Entre o 4 e o 15 de abril de 2016, ambos os dous incluídos.
  • CICLOS SUPERIORES: Entre o 15 e o 26 de febreiro de 2016, ambos os dous incluídos.
    • REQUISITOS DE INSCRICIÓN:

  • CICLOS MEDIOS: Non cumprir requisitos de acceso directo e ter alomenos 17 anos no 2016. 
  • CICLOS SUPERIORES: Non cumprir requisitos de acceso directo e ter alomenos 19 anos no 2016.

  • SOLICITUDE DE INSCRICIÓN:

    En soporte papel na secretaría de calquera instituto de educación se­cundaria onde se impartan ensinanzas de ciclos formativos de formación profesional ou centros integrados de formación profesional. 
    Via web na seguinte aplicación: https://www.edu.xunta.es/ciclosprobas/PaxinaInicio.do que estará activa durante o prazo de inscrición.

    DATAS E HORARIOS DA PROBA:

    1. As probas de acceso aos Ciclos de Grao Medio terán lugar o día 25 de maio de 2016 no horario que se indica a seguir:
    Ás 9.00 horas: presentación. 
    Das 10.00 ás 13.00 horas: parte matemática e parte sociolingüística. 
    Das 16.00 ás 18.00 horas: parte científico-técnica

    2. As probas de acceso aos Ciclos de Grao Superior terán lugar o día 20 de abril de 2016 no horario que se indica a seguir:

    Ás 9.00 horas: presentación. 
    Das 10.15 ás 13.30 horas: Parte común da proba (matemáticas, lingua galega e lingua castelá). 
    Das 16.00 ás 18.30 horas: Parte específica da proba (materias específicas da opción vinculada ao ciclo formativo ao que se desexe acceder, segundo o anexo VII da
  • resolución).
Lembrar que hai que acudir á proba co DNI e a copia do impreso de inscrición que se realizou.



INFORMACIÓNS DE INTERÉS NESTA CONVOCATORIA

IMPRESOS PARA INSCRICIÓN NA PROBA:

Impresos proba acceso a Ciclos Medios:




Materiais didácticos para facilitar a preparación das probas de acceso a ciclos formativos de grao medio.
Prema nas seguintes ligazóns para acceder aos materiais (ficheiros en formato ZIP. Debe descomprimilos nun directorio):

Materiais da parte científico-tecnolóxica

Material da parte científico-tecnolóxica.

Materiais da parte sociocultural.

Materia de Xeografía, historia e ciencias sociais.
Materia de Lingua galega e literatura.
Materia de Lingua castelá e literatura.