viernes, 12 de febrero de 2016

NOVIDADES NO ACCESO A CICLOS FORMATIVOS

Para o proximo curso e en aplicación da nova normativa legal, modifícanse as condicións de acceso aos Cicños de Grao superior e medio:
  
Ciclos Formativos de Grao Superior:
  • Acceso directo co título de Tecnico. (É dicir, os alumnos que superen un ciclo Formativo de Grao Medio non terán que realizar a proba de acceso, xa que accederán directamente ao Grao Superior).
  • Acceso directo aos ciclos de Grao Superior os titulados en BUP (Bacharelato Unificado Polivalente), da anterior Lei Xeral de Educación. Ata agora só os titulados en COU tiñan o acceso directo, así que se abre a porta tamén aos que se terminaron BUP.
Ciclos Formativos de Grao Medio.
  • Poderán acceder, ademais dos alumnos que posúan o Título da ESO, aqueles alumnos que dispoñan do Título de FP Básica.

1 comentario: