Mostrando entradas con la etiqueta Competencias básicas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Competencias básicas. Mostrar todas las entradas

miércoles, 9 de diciembre de 2015

CALENDARIO CEAPA 2016

Calendario de tarefas editado por CEAPA cuxa finalidade é axuda aos pais e nais a reforzar as competencias clave dos seus fillos e fillas no fogar.
As competencias clave para a aprendizaxe permanente son unha iniciativa da comunidade europea cuxo fin é mellorar a calidade do ensino impartido nos centros educativos europeos, impulsando que a aprendizaxe na escola sexa máis práctico e funcional para a vida diaria para garantir que o alumnado aprenda coñecementos e destrezas que sexan aplicables na súa vida diaria e na súa vida laboral futura..

Para acceder pincha na imaxen
Para promovelas, A Confederación Española de Asociacións de Pais e Nais de Alumnos (CEAPA) deseñou un calendario para que os proxenitores realicen cada día cos seus fillos/as unha tarefa que lles axude a desenvolver estas competencias clave de maneira complementaria ao traballo do profesorado no colexio.
O calendario trata de ser un xogo, a modo de guía para a familia, para ensaiar actividades que adestren os saberes dos nosos fillos e fillas, e aumenten as oportunidades de éxito da vida escolar e social. 
En cada día do mes atoparemos unha tarefa ligada a unha competencia concreta (indicada entre paréntese numericamente) que nos dará pistas sobre que tipo de actividades podemos realizar para traballar en casa as competencias clave para a aprendizaxe permanente e, así, complementar o traballo que o profesorado faga sobre as mesmas no centro educativo. 
De forma xeral, as actividades propostas son para realizar en familia. O grao de colaboración, autonomía e responsabilidade adecuado para realizar cada unha das actividades propostas estará determinado pola idade dos nosos fillos e fillas.



miércoles, 14 de marzo de 2012

GUÍA PARA CREAR A MIÑA SECUENCIA DIDÁCTICA

de Ana Basterra
Estupenda presentación de Ana Basterra na que explica, que é unha tarefa, as diferencias entre actividades e tarefas, a importancia no seu deseño da realización dun producto final, co obxectivo de facer alumnos/as competentes e que poidan desenvolver as súas diferentes intelixencias.

jueves, 19 de mayo de 2011

Interesantísima presentación sobre as novas maneiras de ensinar, moi relacionada coa adquisición de competencias, non podo mais que dar as gracias a Raul Diego por compartila, nela podemos aprender moito.

sábado, 26 de marzo de 2011

ALUMNOS E DOCENTES COMPETENTES

Proposta didáctica de Ana Basterra motivante e ao mesmo tempo complicada pero que podería levar ao exito educativo ao noso alumnado.