MATRÍCULA:
- Convocatoria de maio: 16 de marzo ao 27 de marzo de 2015, ambos os dous incluídos.
- Convocatoria de setembro: 1 ao 10 de xullo de 2015, ambos os dous incluídos.
As persoas matriculadas para a primeira convocatoria, se non superan a totalidade dos ámbitos da proba, consideraranse matriculadas para a segunda convocatoria sen que teñan que presentar nova documentación.
DATAS DOS EXAMES: 29 de maio e 9 de setembro para as respectivas convocatorias (sesión de mañá e tarde).
REQUISITOS :
- Ter cumpridos dezaoito anos o día anterior á data de realización da proba.
- Non estaren en posesión do título de graduado en educación secundaria.
- Non estaren inscritos para a superación das materias de 4º curso de educación secundaria obrigatoria establecidas no artigo 7, número 5 da Orde do 21 de decembro de 2007 (DOG do 7 de xaneiro de 2008).
- Non estaren nin teren estado matriculadas no curso 2014/15 nas ensinanzas de educación secundaria ordinaria ou no segundo curso dun programa de cualificación profesional inicial.
- O alumnado matriculado durante o curso 2014/15 na educación secundaria para persoas adultas poderá inscribirse nas probas se previamente cumpre as seguintes condicións:
- Para acudir á primeira convocatoria, o alumnado ten que solicitar a baixa nas ensinanzas do segundo cuadrimestre. Así mesmo, as persoas con ámbitos do primeiro cuadrimestre sen superar deberán renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.
- Para inscribirse na segunda convocatoria, o alumnado con ámbitos suspensos no segundo cuadrimestre ten que renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.
DOCUMENTACIÓN:
a. Solicitude de inscripción
b. DNI o pasaporte
c.Copia cotexada, se procede, do certificado dos ámbitos da proba superados en anteriores convocatorias ou a certificación académica de ámbitos ou materias superados.
d. Acreditación de proceder doutra comunidade autónoma ou dun país estranxeiro no
caso de que se solicite a exención de lingua galega.
e. Certificación do ditame de discapacidade no caso de que se solicite o recoñecemento
de necesidades especiais, cando esta fose recoñecida por outra Administración distinta da
Xunta de Galicia ou non se autorice a súa consulta.
ORGANIZACIÓN DA PROBA:
A proba consta de tres exames:
Ámbito científico-tecnolóxico: abrangue contidos de matemáticas, de ciencias da natureza e de tecnoloxía.
Ámbito social: inclúe contidos de ciencias sociais, xeografía e historia, de música e de educación plástica e visual.
Ámbito lingüístico: abrangue contidos de lingua galega, de lingua castelá e dunha lingua estranxeira (inglés ou francés).
Os exames son de resposta pechada (tipo test) e haberá unha redacción en lingua galega e outra en lingua castelá.
MÁIS INFORMACIÓN:
Se tes intención de presentarte, convén que consultes os seguintes enlaces:
- Resolución pola que se convocan probas libres para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria (DOG)
- Formulario de inscrición
- Anexo I: Formulario de inscrición nas probas de 2015
- Información xeral sobre as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos
- Distribución das persoas aspirantes por centros para a realización da proba (11 de setembro de 2014)
- Cualificacións definitivas da proba libre para a obtención do título de ESO (convocatoria de setembro de 2014)
- Probas do mes de xuño de 2011
- Probas do mes de setembro de 2011
- Probas do mes de abril de 2012
- Probas do mes de setembro de 2012
- Probas do mes de maio de 2013
- Probas do mes de setembro de 2013
- Probas do mes de maio de 2014
- Probas do mes de setembro de 2014
- Orde do 10 de febreiro de 2012 pola que se modifica a do 19 de febreiro de 2009 pola que se regulan as probas libres para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para persoas maiores de dezaoito anos.
Graciñas pola información Pastora. Bicos.
ResponderEliminarMoitísimas grazas pola información,Pastoa. Moi boa finde!
ResponderEliminarHola, guapa. Hay un premio para ti en mi blog. http://bibliogregoriomaranon.blogspot.com.es/2015/02/premio-black-wolf-blogger-award.html
ResponderEliminarUn beso desde Málaga