PROPOSTA 3º EDUCACIÓN PRIMARIA: HAI ALGO MÁIS ABURRIDO QUE SER UNHA PRINCESA ROSA?
O conto " Hai algo mais aburrido que ser unha princesa rosa? traballa os estereotipos e roles de xénero.
Para ler o conto pincha na imaxe.
Podemos escoitalo no seguinte enlace: hai algo mais aburrido que ser unha princesa rosa?
Grazas á Plataforma da Infancia e a Elena Zapico e Tamara Corral, podemos desfrutar deste conto en Lingua de signos. (é interesante facer unha visualización )
Deste conto fisoxe unha segunda edición e nela a súa autora, Raquel Díaz, ofrecenos a ilustración da Princesa Carlota en branco e negro para que o noso alumnado a vista como desexe, dando renda solta á súa imaxinación e creatividade pensando nos novos sonos, desexos e aspiracións da princesa.
- Despois da lectura do conto podemos facer un debate na clase, as observación e as opinións do alumnado seguro que nos sorprenden.
- No seu Blog Raquel Díaz, proponnos elaborar un atrapa sonos porque todos podemos ser o que queiramos ser, e soñar espertos é o primeiro paso para conseguir o soñando...
PROPOSTA 4 EDUCACIÓN PRIMARIA:
- A partir dunha exposición de fotos que representan distintos tipos de violencia faremos unha choiva de ideas coas emocións e pensamentos que nos xenera. Unha vez que lemos a mensaxe das imaxes, establecerase un coloquio sobre o tema:
- Que cres que senten as persoas que sofren discriminación e violencia sobre elas?
- Que entendemos por violencia?
- Parecenos importa xeitar a violencia?
- Hai distintas clases de violencia?
- Por que cren que é necesario un día conmemorativo contra a violencia á muller?
- Elaborar un mural conmemorativo, utilizando as aportacións dos alumnos/as, Cada alumno/a debuxa a súa man e as accións positivas que podemos facer con elas e o mesmo coa boca, debateran sobre a resolución de conflitos, as diferenzas de xénero.
- Material a empregar
- O resultado do traballo pode ser un mural similar ao seguinte.
Proposta tomada de Kika Fumero e Amaya Díaz
No hay comentarios:
Publicar un comentario