sábado, 26 de marzo de 2011

PRAZOS E SOLICITUDE DE ADMISIÓN 2011-12


O prazo de solicitude de admisión para Educación Infantil, Primaria e Bacharelato para o curso 2011-12 é durante este mes de marzo
Todos aqueles alumnos e alumnas do noso centro que rematen este curso 4º da ESO e vaian estudar Bacharelato o curso que vén deberán facer a solicitude de admisión neste mes no Instituto que desexen, ainda que preferentemente corresponderalles o IES VAL MIÑOR ou PROVAL.
Para iso deberán entregar cubertos os Impresos correspondentes que deberán pedir na Secretaría do IES onde soliciten a sua admisión como primeira opción antes do 31 de marzo:

1- Fotocopia do DNI (de non posuír DNI deberase presentar copia da páxina do libro de familia onde figura o/a alumno/a)
2- Anexo II.1 acceso
3- Anexo II.2 acceso

Antes do 30 de abril:
Publicarase no taboleiro de anuncios do instituto onde se entregase a solicitude de admisión a Resolución provisional do alumnado admitido e non admitido mediante listaxes ordenadas por orde de puntuación, nas que constará a puntuación asignada a cada alumno/a en cada un dos criterios, así como a puntuación total.




A matrícula farase posteriormente no mes de Xullo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario