As rabechas constitúen unha situación difícil de manexar e controlar. Como controlalas?, como se poden evitar? ¿por que xorden?... son interrogantes que se formulan unha e outra vez os pais e nais.
A obra publicada por Mirelle d'Allancé "Vaya Rabieta" intenta demostrar, dunha forma simpática, as emocións que Roberto, o seu protagonista, manifesta tras unha situación de desencontro que ten lugar no ámbito familiar e que desencadea nun comportamento irritado e alterado.
Un material de lectura para compartir cos nosos fillos e fillas descubrindo e comprendendo a través dos sinxelos debuxos e breves explicacións por que se descontrolan, manifestan rabia, enfado,... podendo establecer novas estratexias de intervención.
No hay comentarios:
Publicar un comentario