domingo, 17 de abril de 2011

O CINE COMO RECURSO

O cine é unha excelente ferramenta pedagóxica e un excelente recurso utilizado na educación formal e non formal. As películas reflexaron  dende diversas perpectivas fenómenos como as migracións, a violencia cara  a muller, a discapacidade ou o mundo do traballo e a problemática xurídica, laboral e social que se deriva do mesmo.

A escoita activa

Le Fabuleux Destin d'Amélie Poulain (mais coñecida en España como Amelie) sirvenos  para analizar a través da protagonista principal (unha xoven que intenta arreglar a vida dos demais) a capacidade de escoita activa.




Autorregulación
La vida es bella” arranca como unha idílica comedia na Italia de Mussolini. Sen embargo, aa película da un xiro inesperado. A familia que Guido, Dora e o seu pequeno Giosué formaron é detida e enviada a un campo de concentración. Guido fai todos os esforzos para que o seu fillo crea que atopanse nun "campamento de verán" e que están participando nun divertido xogo, cuxo premio é un tanque real. A fábula de Roberto Benigni amosanos entre outras a capacidade das persoas para influir sobre as circunstancias que lles rodean e a rapidez en situacións adversas.




Empatía

Soe definirse a empatía como a capacidade  de poñerse no lugar do outro. A través desta escea da película Mejor cumplido Imposible, pódese analizar a falta de empatía e capacidade para relacionarse cos demais do seu protagonista



Influencia

O cine de animación pode ser un excelente recurso didáctico. Con este magnífico cortometraxe podemos ver  "como  todo o que facemos influe nos demais, anque non nos demos conta".



Si te interesa o tema podes consultar:

Cine para usar o cerebro
Películas para secundaria
Cine e traballo (II): películas que retratan a realidade laboral
Cine e traballo (III): películas para ensinar economía e organización de empresas

No hay comentarios:

Publicar un comentario