domingo, 17 de abril de 2011

MIL GRULLAS POR JAPÓN

As grullas de origami (papiroflexia) fixironse famosas a nivel mundial coa historia da nena Sadako Sasaki, víctima da bomba atómica de Hiroshima durante a II Guerra Mundial. Supervivinte da explosión, aos nove anos caeu enferma de leucemia. Unha amiga recordoulle a tradición dos origamis e  propusose completar as mil para pedir como desexo a curación dos afectados e a paz. Pero Sadako no o consiguiu e faleceu Sen embargo, nacera un símbolo para todos. Os seus compañeiros de clase completaron as figuras de papel que faltaban e anos despois Hiroshima levantou un monumento no seu recordo no Parque da Paz, epicentro da explosión e onde aún un edificio en ruinas recorda aquela traxedia. A súa emotiva historia rápidamente fixose famosa en Japón e occidente. Hoxe miles de grullas de papel reposan baixo o monumento como unha continuación do sono de Sadako.

Hoxe volven a ter todo o seu simbolismo pola catastrofe actual.


Dende o CPI de Panxón solidarizamonos con Japón enviando  grullas feitas polas familias, alumnado e profesorado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario