domingo, 24 de abril de 2011

23 de ABRIL, DÍA DO LIBRO-FAHRENHEIT 451




Proposta de actividade de titoría para o alumnado de 3º de ESO, 4º de ESO e de PCPI, visionado e comentario da película Fahrenheit 451, coa axuda da ficha de actividades.

DESCARGA DA FICHA DA ACTIVIDADE



A película sitúase nunha sociedade posterior ao ano 1990, onde a tarefa dos bombeiros non é a de apagar incendios (as casas dese momento non son inflamables) senón a de queimar libros, xa que, segundo o seu goberno, ler impide ser felices porque chea de angustia; ao ler, os homes comezan a pensar, analizan e cuestionan  a súa vida e a realidade que os rodea. O obxectivo do goberno é impedir que os cidadáns teñan acceso aos libros, pois vela por que os cidadáns sexan felices, que non cuestionen as súas accións e rendan no seus traballos.
Para ver a pelicula pinchade no seguinte enlace:



No hay comentarios:

Publicar un comentario