Tamén permite ao alumnado, a través dun cuestionario de autoavaliación, acercarse aos sectores productivos e grupos ocupacionais máis axustados aos seus intereses, competencias e capacidades.
Para iso conta con tres grandes bloques que poderás examinar:
- Autoanálise. Mediante un breve test de autoavaliación axuda a ter máis claro o tipo de profesión ao que lle gustaría dedicarse e saber qué estudos se necesitan para poder exercer esa profesión, o que require o posto de traballo en canto as competencias e capacidades.
- Grupos ocupacionais e sectores. Ofrece un amplo listado de ocupacións e sectores de actividade para que os coñezas con detalle. Esta información vaite a resultar moi útil para elixir qué actividade profesional encaixa coas túas capacidades e coas túas preferencias.
- Itinerarios Formativos. Orientate sobre todas as opcións formativas que tes unha vez finalizados os estudos de ESO, Bacharelato e Formación Profesional para axudarte a tomar a mellor decisión en función dos teus obxectivos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario