martes, 24 de marzo de 2015

PROBAS DE CERTIFICACIÓN DE IDIOMAS UNED

A UNED ofrece a posibilidade de certificar o teu nivel de idiomas, de acordo co Marco Europeo, de Inglés (B1, B2) e Francés (B1).

Para matricularse do exame libre, débese entrar na páxina principal da UNED (www.uned.es) e identificarse ou darse de alta.

O exame consta de dúas probas, unha oral e unha escrita:

  • A proba escrita terá lugar o 14 de xuño de 2014, de 12:00 a 14:00 horas.
  • O exame oral realizarase on-line mediante a aplicación informática L-Oral, do 12 de maio ao 13 de xuño de 2014.
Período de matriculación: do 1 ao 30 de maio de 2014.

Máis información na web da UNED.

jueves, 19 de marzo de 2015

CONVOCATORIA DE AXUDAS FORMACIÓN LINGUAS ESTRANXEIRAS 2015

PUBLICACIÓN: DOG 16-03-2015
REQUISITOS: 
  • Estar cursando 1º, 2º, 3º e 4º da educación secundaria obrigatoria,1º ou 2º de bacharelato en centros sostidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de réxime xeral, durante o curso 2014/15, na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Ter superadas todas as áreas ou materias no curso 2013/14.
  • Ter acadado no curso 2013/14 unha cualificación mínima de ben no 6º curso de educación primaria para o alumnado de 1º de educación secundaria obrigatoria, e de 6 para o de 2º, 3º e 4º de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato na materia de lingua inglesa.
  • Non ter concedida, no presente curso académico, outra axuda coa mesma finalidade.
  • Estar en posesión do DNI, NIE ou pasaporte.
FINANCIACIÓN 
  • Os monitores ou monitoras que acompañarán o alumnado en cada un dos grupos durante a actividade.
  • Os gastos de docencia e o material escolar.
  • As actividades culturais, deportivas e complementarias dos cursos.
  • Os gastos de mantenza e aloxamento.
  • O certificado de realización da actividade.
  • O seguro de accidentes e de responsabilidade civil.
  • As familias achegarán as cantidades que lles correspondan á empresa adxudicataria encargada da organización técnica da actividade (ver convocatoria no DOG).
QUENDAS E GRUPOS: todas as actividades serán de formación en inglés e terán lugar en Galicia.

1º e 2º de Bacharelato: Duración: 1 semana.
1º, 2º, 3º e 4º da ESO: Duración: 2 semanas. 


DATAS: Estarán comprendidas entre a última semana de xuño e finais de agosto de 2015 


PRAZO DE SOLICITUDE: Dende o 17 de marzo ata o 16 de abril de 2015 


MÁIS INFORMACIÓN:

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA. DEPARTAMENTO TERRITORIAL: Edificio Administrativo de Monelos Rúa Vicente Ferrer. A Coruña
Enderezo electrónico: axudasle@edu.xunta.es 
Atención telefónica: 981 957 296 - 881 997 497 - 981 957 538 - 981 546 503 



miércoles, 18 de marzo de 2015

COMO EVITAR O COPIA E PEGA NOS TRABALLOS

Interesantísimo artículo que recolle Jesús Hernández González no seu Blog "Crea y aprende con Laura." sobre un tema que preocupa moito a todo o profesorado: O COPIA E PEGA NOS TRABALLOS. Neste artículo fai as seguintes reflexións.

Os profesores adoitamos estar preocupados de xeito desmedido polo copia e pega dos alumno/ass.

O copia e pega é un adianto. Ben usado, claro. Un traballo, non é copiar o primeiro documento enteiro que encontremos e pegalo e imprimilo sen lelo.

Iso pode corresponderse cun traballo tradicional, que se adoita "mandar" facilitando un simple epígrafe: "Fai un traballo sobre a Idade Media". Préstase a iso.

O copia e pega, ten sentido cando buscamos informacións diferentes, seleccionamos fragmentos, contrastamos fontes, citamos fontes e, finalmente, dámoslle forma realizando o noso propio traballo.

É doado copiar os traballos tradicionais. Xa están na rede Que sentido ten mandalos e queixarnos despois? Son aburridos para os alumnos e aseméllanse moito á copia no mellor dos casos.

Quizais, o problema encóntrese no xeito tradicional de formulalos (se é que a hai).

Debemos formulalos como traballos de investigación real, como retos e problemas a resolver.

Un traballo que cumpla estas características  é case imposible de copiar.

Podemos ver un exemplo a continuación.


De National Geographic: A continuación móstrase un gráfico que mostra o clima a temperatura media e precipitación dunha cidade importante.

Na parte superior hai tres cidades.

Investiga o clima para cada cidade e decide a que cidade se axusta o gráfico.

Cal das opcións da cidade ten un clima influenciado polos ventos alisios do sueste?

Desafío adicional: Fai un gráfico similar a unha cidade ou rexión preto de ti.

Usa  Creative Commons, para presentarlo en calquera forma que elixas (podes publicalo nun documento de Google Docs ou nun sitio).

A continuación, compartir o gráfico nunha rede social da súa elección. 

jueves, 26 de febrero de 2015

CAMPAMENTOS CIENTÍFICOS DE VERÁN 2015

Se estás a estudar 4º ESO ou 1º de Bacharelato en Ciencias e Tecnoloxía, e tes unha media de 7'5, xa podes solicitar unha praza  no programa "Campus Científicos de Verano".

Este programa pretende incentivar e consolidar a vocación e coñecementos no ámbito científico-técnico. Desenvólvese nas seguintes Universidades: Autónoma de Madrid, Carlos III de Madrid, Castela-A Mancha, Córdoba, Extremadura, Granada, Las Palmas, Málaga, Murcia, Oviedo, Politécnica de Cataluña, Rovira i Virgili, Salamanca, Santiago de Compostela, Valencia, Politécnica de Valencia, e de Vigo.

Quendas.

  • Primeira quenda de 1º Bacharelato (480 prazas): do 28 de xuño ao 4 de xullo.
  • Segunda quenda de 1º Bacharelato (480 prazas): do 5 ao 11 de xullo.
  • Primeira quenda de 4º ESO (480 prazas): do 12 ao 18 de xullo.
  • Segunda quenda de 4º ESO (480 prazas): do 19 ao 25 de xullo.


Requisitos e selección.

  • Cursar no 2014/15, 4º ESO ou 1º de Bacharelato en Ciencias e Tecnoloxía.
  • Nacer despois do 31 de decembro de 1997.
  • Non ter participado anteriormente neste programa.
  • Ter obtido no curso 2013/14 unha media igual ou superior a 7'5 puntos.
  • A selección farase ordenando de maior a menor as notas medias dos alumnos obtidas no curso 2013-14.

Axuda.

  • A adxudicación da axuda cobre os gastos de material, actividades, aloxamento, monitores, manutención e seguro.
  • O traslado será por conta dos alumnos, que deberá pagar 80 € en concepto de matriculación.


Inscrición.

  • A solicitude cumplimentase e envíase on-line a través deste enlace, ordenando por orde de prioridade a quenda de participación e os proxectos da súa preferencia.
  • Ademais haberá que enviar os seguintes documentos:
    • Autorización asinada polo pai, nai ou titor legal.
    • Certificado académico, cumplimentar pola Secretaría do centro.
    • Fotocopia do NIF/NIE/Pasaporte.

É IMPRESCINDIBLE QUE O CERTIFICADO ACADÉMICO E A AUTORIZACIÓN SIGAN O MODELO PROPORCIONADO NA WEB, (Guía presentación de solicitudes)
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: 

O prazo para presentar o formulario de solicitude e presentar a documentación esixida, estará aberto dende o día seguinte á súa publicación no BOE ata o día 20 de marzo de 2015.
Máis información.

Páxina oficial.
Resolución.
Fuente: Orientaguía

miércoles, 25 de febrero de 2015

CONVOCATORIA 2015: PROBAS DE ACCESO A FORMACIÓN PROFESIONAL (CICLO MEDIO E SUPERIOR)

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publicou no DOG, do luns 23 de febreiro, a Orde pola que se convocan para o ano 2015 as probas de acceso aos ciclos formativos de formación profesional do sistema educativo.




Relación de documentos de interese
-  Materiais de probas de acceso:  MATERIAIS DIDÁCTICOS
                                                              EXAMES


As solicitudes poderanse presentar en calquera dos institutos de educación secundaria ou centros integrados de formación profesional onde se impartan ciclos formativos de formación profesional

Non esquezades que o exame é o día  3 de XUÑO de 2015

DATAS E HORARIOS DA PROBA:

1. As probas de acceso aos Ciclos de Grao Medio terán lugar o día 3 de xuño de 2015 no horario que se indica a seguir:

Ás 9.00 horas: presentación.
Das 10.00 ás 13.00 horas: parte matemática e parte sociolingüística.
Das 16.00 ás 18.00 horas: parte científico-técnica.

jueves, 22 de enero de 2015

CONVOCADAS PROBAS LIBRES PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DA ESO. CONVOCATORIA 2015

A Consellería de Educación convocou as probas libres para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de maio e setembro do 2015.


MATRÍCULA:
 - Convocatoria de maio: 16 de marzo ao 27 de marzo de 2015, ambos os dous incluídos.
- Convocatoria de setembro: 1 ao 10 de xullo de 2015, ambos os dous incluídos.
 As persoas matriculadas para a primeira convocatoria, se non superan a totalidade dos ámbitos da proba, consideraranse matriculadas para a segunda convocatoria sen que teñan que presentar nova documentación.

 DATAS DOS EXAMES: 29 de maio e 9 de setembro para as respectivas convocatorias (sesión de mañá e tarde).

REQUISITOS :
  • Ter cumpridos dezaoito anos o día anterior á data de realización da proba.
  • Non estaren en posesión do título de graduado en educación secundaria.  
  • Non estaren inscritos para a superación das materias de 4º curso de educación secundaria obrigatoria establecidas no artigo 7, número 5 da Orde do 21 de decembro de 2007 (DOG do 7 de xaneiro de 2008).
  • Non estaren nin teren estado matriculadas no curso 2014/15 nas ensinanzas de educación secundaria ordinaria ou no segundo curso dun programa de cualificación profesional inicial. 
  • O alumnado matriculado durante o curso 2014/15 na educación secundaria para persoas adultas poderá inscribirse nas probas se previamente cumpre as seguintes condicións: 

             -  Para acudir á primeira convocatoria, o alumnado ten que solicitar a baixa nas ensinanzas do segundo cuadrimestre. Así mesmo, as persoas con ámbitos do primeiro cuadrimestre sen superar deberán renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.
         - Para inscribirse na segunda convocatoria, o alumnado con ámbitos suspensos no segundo cuadrimestre ten que renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.

DOCUMENTACIÓN:

a. Solicitude de inscripción 
b. DNI o pasaporte
c.Copia cotexada, se procede, do certificado dos ámbitos da proba superados en anteriores convocatorias ou a certificación académica de ámbitos ou materias superados.
d. Acreditación de proceder doutra comunidade autónoma ou dun país estranxeiro no
caso de que se solicite a exención de lingua galega.
e. Certificación do ditame de discapacidade no caso de que se solicite o recoñecemento
de necesidades especiais, cando esta fose recoñecida por outra Administración distinta da 
Xunta de Galicia ou non se autorice a súa consulta.


ORGANIZACIÓN DA PROBA:

A proba consta de tres exames:
Ámbito científico-tecnolóxico: abrangue contidos de matemáticas, de ciencias da natureza e de tecnoloxía.
Ámbito social: inclúe contidos de ciencias sociais, xeografía e historia, de música e de educación plástica e visual.
Ámbito lingüístico: abrangue contidos de lingua galega, de lingua castelá e dunha lingua estranxeira (inglés ou francés).
Os exames son de resposta pechada (tipo test) e haberá unha redacción en lingua galega e outra en lingua castelá. 

MÁIS INFORMACIÓN:

Se tes intención de presentarte, convén que consultes os seguintes enlaces:

  • Resolución pola que se convocan as probas libres para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria 2015


  • viernes, 9 de enero de 2015

    AVALIACIÓN DO 3º CURSO DE EDUCACIÓN PRIMARIA


    No artigo 20.3 da LOE/LOMCE establécese a realización dunha avaliación, de carácter diagnóstico, en terceiro curso da Educación Primaria, indicando que "os centros docentes realizarán unha avaliación individualizada a todos os alumnos e alumnas ao finalizar o terceiro curso de Educación Primaria". Esta avaliación desenvolverase segundo dispoñan as administracións educativas e "comprobará o grao de dominio das destrezas, capacidades e habilidades en expresión e comprensión oral e escrita, cálculo e resolución de problemas en relación co grao de adquisición da competencia en comunicación lingüística e da competencia matemática".

    O Ministerio de Educación, coa finalidade de ofrecer información e orientación á comunidade educativa, ofrece un modelo de probas completas para a avaliación de terceiro curso de Educación Primaria, e o Marco Xeral desta avaliación desenvolvido en colaboración coas Comunidades Autónomas.

    Neste enlace e pinchando na imaxe podedes acceder ás probas e a outros exemplos de preguntas liberadas para 4º curso de Educación Primaria.