Se estás a estudar 4º ESO ou 1º de Bacharelato en Ciencias e Tecnoloxía, e tes unha media de 7'5, xa podes solicitar unha praza no programa "Campus Científicos de Verano".
Este programa pretende incentivar e consolidar a vocación e coñecementos no ámbito científico-técnico. Desenvólvese nas seguintes Universidades: Autónoma de Madrid, Carlos III de Madrid, Castela-A Mancha, Córdoba, Extremadura, Granada, Las Palmas, Málaga, Murcia, Oviedo, Politécnica de Cataluña, Rovira i Virgili, Salamanca, Santiago de Compostela, Valencia, Politécnica de Valencia, e de Vigo.
Quendas.
- Primeira quenda de 1º Bacharelato (480 prazas): do 28 de xuño ao 4 de xullo.
- Segunda quenda de 1º Bacharelato (480 prazas): do 5 ao 11 de xullo.
- Primeira quenda de 4º ESO (480 prazas): do 12 ao 18 de xullo.
- Segunda quenda de 4º ESO (480 prazas): do 19 ao 25 de xullo.
Requisitos e selección.
- Cursar no 2014/15, 4º ESO ou 1º de Bacharelato en Ciencias e Tecnoloxía.
- Nacer despois do 31 de decembro de 1997.
- Non ter participado anteriormente neste programa.
- Ter obtido no curso 2013/14 unha media igual ou superior a 7'5 puntos.
- A selección farase ordenando de maior a menor as notas medias dos alumnos obtidas no curso 2013-14.
Axuda.
- A adxudicación da axuda cobre os gastos de material, actividades, aloxamento, monitores, manutención e seguro.
- O traslado será por conta dos alumnos, que deberá pagar 80 € en concepto de matriculación.
Inscrición.
- A solicitude cumplimentase e envíase on-line a través deste enlace, ordenando por orde de prioridade a quenda de participación e os proxectos da súa preferencia.
- Ademais haberá que enviar os seguintes documentos:
- Autorización asinada polo pai, nai ou titor legal.
- Certificado académico, cumplimentar pola Secretaría do centro.
- Fotocopia do NIF/NIE/Pasaporte.
É IMPRESCINDIBLE QUE O CERTIFICADO ACADÉMICO E A AUTORIZACIÓN SIGAN O MODELO PROPORCIONADO NA WEB, (Guía presentación de solicitudes)
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
Máis información.
Páxina oficial.
Resolución.
Fuente: Orientaguía
A miña filla maior encantarialle pero xa vai en segundo de bacharelato :( Unha aperta.
ResponderEliminar