PUBLICACIÓN: DOG 16-03-2015
REQUISITOS:
- Estar cursando 1º, 2º, 3º e 4º da educación secundaria obrigatoria,1º ou 2º de bacharelato en centros sostidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de réxime xeral, durante o curso 2014/15, na Comunidade Autónoma de Galicia.
- Ter superadas todas as áreas ou materias no curso 2013/14.
- Ter acadado no curso 2013/14 unha cualificación mínima de ben no 6º curso de educación primaria para o alumnado de 1º de educación secundaria obrigatoria, e de 6 para o de 2º, 3º e 4º de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato na materia de lingua inglesa.
- Non ter concedida, no presente curso académico, outra axuda coa mesma finalidade.
- Estar en posesión do DNI, NIE ou pasaporte.
FINANCIACIÓN
- Os monitores ou monitoras que acompañarán o alumnado en cada un dos grupos durante a actividade.
- Os gastos de docencia e o material escolar.
- As actividades culturais, deportivas e complementarias dos cursos.
- Os gastos de mantenza e aloxamento.
- O certificado de realización da actividade.
- O seguro de accidentes e de responsabilidade civil.
- As familias achegarán as cantidades que lles correspondan á empresa adxudicataria encargada da organización técnica da actividade (ver convocatoria no DOG).
QUENDAS E GRUPOS: todas as actividades serán de formación en inglés e terán lugar en Galicia.
1º e 2º de Bacharelato: Duración: 1 semana.
1º, 2º, 3º e 4º da ESO: Duración: 2 semanas.
DATAS: Estarán comprendidas entre a última semana de xuño e finais de agosto de 2015
PRAZO DE SOLICITUDE: Dende o 17 de marzo ata o 16 de abril de 2015
MÁIS INFORMACIÓN:
CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA. DEPARTAMENTO TERRITORIAL: Edificio Administrativo de Monelos Rúa Vicente Ferrer. A Coruña
Web da convocatoria: http://www.edu.xunta.es/axudasle
Enderezo electrónico: axudasle@edu.xunta.es
Atención telefónica: 981 957 296 - 881 997 497 - 981 957 538 - 981 546 503
Muchísimas gracias por la información, Pastora. Un abrazo y buen finde.
ResponderEliminar