martes, 20 de marzo de 2012

21 de marzo: DÍA MUNDIAL DO SÍNDROME DE DOWN

A data 21 de marzo (21 / 3) é un símbolo que fai referencia á triplicación (trisomía) do cromosoma 21 que se traduce na condición xenética do síndrome de Down. Este ano ademais as Nacións Unidas recoñeceron esta data de maneira oficial no  seu  calendario despois  dun traballo intenso de multitude de organizacións de síndrome de Down de todo o mundo entre as que se atopa DOWN ESPAÑA, que formou parte do grupo promotor solicitando ao Embaxador de España ante Nacións Unidas o seu su respaldo á iniciativa.

A campaña deste ano con motivo da súa celebración consiste nun spot baseado no Manifiesto “Tengo síndrome de Down y no soy tan distinto a ti” que pretende desterrar falsas ideas e creenzas e trasladar unha imaxen adecuada e real das persoas con síndrome de Down como personas con cualidades e defectos, tan capaces e tan distintos como o resto de ciudadanos, que se senten ben consigo mesmos, que teñen soños, proxectos e voz para expresar cómo queren que sexa a súa vida.


No hay comentarios:

Publicar un comentario