sábado, 26 de marzo de 2011

ALUMNOS E DOCENTES COMPETENTES

Proposta didáctica de Ana Basterra motivante e ao mesmo tempo complicada pero que podería levar ao exito educativo ao noso alumnado.

GUÍA DE RECURSOS AUTISMO


"Planeta Visual" pretende ser un recurso de apoio na planificación da intervención educativa en autismo. O seu punto de partida son as dimensións establecidas no Inventario de Espectro Autista (Rivière, 1997), definindo para cada unha das dimensións e niveis os seguintes elementos:


•Obxectivos de intervención prioritarios.

•Estratexias metodolóxcas básicas, co seu referente bibliográfico.
•Recursos para a intervención:
•Descargables de elaboración propia: fotos, arquivos word, power point, videos...
•Materiais comerciais que contribuen ao desenvolvemento das capacidades.
•Recursos bibliográficos relacionados.
A estructura do recurso é sinxela e moi visual, coo obxectivo fundamental de localizar a información necesaria de forma rápida.

viernes, 25 de marzo de 2011

LA ARDILLA DIGITAL

Web moi interesante, onde podemos atopar temas sobre TIC e Educación Especial. Hai  tres áreas, software, recursos,e documentos.

martes, 15 de marzo de 2011

ENTRENAMENTO DA VELOCIDADE LECTORA


No marco da convocatoria de Materiais Educativos Dixtais un grupo de mestres/as, do Centro de Profesores e Recursos de Mérida elaboraron este interesante recurso. Tratase da aplicación Entrenamento da Velocidade Lectora que ten por obxectivo desenvolver esta destreza no alumnado que afronta a aprendizaxe da lectura.

O programa consta de:


1. Series de palabras.Monosílabas:


2 series de 100 palabras cada unha (200).

Bisílabas: 18 series de 125 palabras cada unha (2250).

Trisílabas: 25 series de 125 palabras cada una (3125).

Cuatrisílabas: 14 series de 125 palabras cada unha (1750).

Polisílabas: 7 series de 125 palabras cada unha (875).


2. Series pares de palabras: 4 series de 125 pares cada unha.


3. Series de frases: 3 series de 125 frases cada unha.


4. Series para o aprendizaxe de determinados coñecementos:


A. Coñecemento do Medio:


Comunidades e provincias españolas: 1 Serie (todas).

Países de Europa: 1 Serie (todos).

Países de Asia: 1 Serie (todos).

Países de África: 1 Serie (todos).

Países de Asia: 1 Serie (todos).

Países de América: 1 Serie (todos).


B. Área de Lingua:


Palabras invariables: 3 Series de 125 (375 palabras invariables).

Verbos:Primeira Conxugación: 30 series (cada serie é un verbo conxugado en todos os seus tempos e formas).

Segunda Conxugación: 30 series (cada serie é un verbo conxugado en todos os seus tempos e formas).

Terceira Conxugación: 30 series (cada serie é un verbo conxugado en todos os seus tempos e formas).


5. Literatura en Lingua Castela:


Contos infantis: 200 Series (200 contos).

EL Lazarillo de Tormes: 8 Series (Prólogo mais os 7 Tratados).

El buscón de Quevedo:

Libro Primeiro: 7 Series (7 capítulos).

Libro Segundo: 5 Series (5 capítulos).

Libro Terceiro: 10 Series (10 capítulos).

Artículos. Mariano José de Larra: 15 series (15 artículos).

Don Quijote de la Mancha:

Primeira Parte: 53 Series (Preliminares mais 52 capítulos).

Segunda Parte: 75 Series (Preliminares mais 74 capítulos).

TEST DE ORIENTACIÓN VOCACIONAL EN LIÑA












Test de orientación


Test de orientación

Test de orientación profesional en líña que te permitirá coñecer os teus intereses profesionais, os teus valores, as túas aptitudes e habilidades e, finalmente ter un consello para que tomes as túas decisións.



O test GR é do portal educaweb.com axudarache á toma de decisións.


martes, 15 de febrero de 2011

9 letras, blog con recursos para o ensino da linguaxe

Como parte da cultura participativa da que forman parte os blogs, Alberto Abarca, pon a disposición de toda a comunidade educativa, un blog destinado á ensinanza e aprendizaxe da linguaxe.
Aborda todos os compoñentes ou requisitos que están presentes nese aprendizaxe, a memoria, a atención, a discriminación... Todo isto a través dun material, tanto en formato papel, como electrónico; neste último caso, con presentacións interactivas.
Trátase dun material que á simplicidade do seu uso, engade a efectividade e a posibilidade de modificalo. A presentación é clara e o rigor indudable.
Seu autor fai a seguinte descripción:

Este blog é básicamente un centro de recursos para o aprendizaxe da linguaxe oral, a lectura e a escritura. Os materiais, todos de elaboración propia, están realizados en dous formatos: word (imprimibles) e aplicacións PowerPoint, cun deseño interactivo e gran apoio de imáxenes e sonidos. O blog ten un ano de vida e recibe actualizacións semanais con novos materiais orixinais.
Consta das seguintes páxinas:
COMPRENSIÓN
Consta de actividades powerpoint interactivas así como de fichas imprimibles para traballar os procesos de comprensión lectora. Traballase a diferentes niveis: palabras, frases, textos.
ESCRITURA
Nesta páxina atopanse agrupadas diversas actividades interactivas en Power Point que traballan fundamentalmente os procesos de escritura: copiar palabras, escribir o representado por unha imaxen, dictado de palabras, separar palabras nunha frase, etc. Os diversos tipos de actividade están agrupadas en series que teñen o mesmo nome de arquivo cunha extensión numérica que correspondese con seu nivel de dificultade.
Tamén inclúe outras páxinas con actividades de lectoescritura, memoria, lectura, ortográfia, verbos...

XOGOS EDUCATIVOS