martes, 20 de febrero de 2018

CAMPUS CIENTÍFICO DE VERÁN 2018

REQUISITOS. 
  • Estudar 1º Bacharelato na modalidade de Ciencias, ou ben, 4º ESO na opción de ensino Académico-Científico (coas materias de Bioloxía-Xeoloxía e Física-Química) ou na opción de  Aplicadas (coas materias de Tecnoloxía e Ciencias Aplicadas á Actividade Profesional).
  •  Nacer despois do 31 de decembro de 2000. 
  • Non ser beneficiario anteriormente do Programa Campus Científico de Verán.
  •  Obter unha nota media igual ou superior a 8’5 puntos nos estudos cursados no curso 2016/17. 

      OFERTA
    Os proxectos ofertados a elección do alumno enmárcanse en diversas áreas científicas: fotografía, antropoloxía e arqueoloxía, criptografía, criminalística, ciencias forenses, biodiversidade, biotecnoloxía, bioquímica, farmacoloxía, citología, xenética, química e tecnoloxía química, epidemiología, biomedicina, ecoloxía, agricultura, oceanografía, aerodinámica, ciencias do espazo, física, astrofísica, matemáticas, computación, informática, videoxogos, intelixencia artificial e ambiental, robótica, tecnoloxía, mecánica,…
     DATAS. Os Campus realizaranse en catro quendas do:
- 1 ao 7 de xullo: estudantes de 1º Bacharelato. 
- 8 ao 14 de xullo: estudantes de 1º Bacharelato. 
- 15 ao 21 de xullo: estudantes de 4º ESO. 
- 22 ao 28 de xullo: estudantes de 4º ESO. 

AXUDAS. 
As axudas cobren a totalidade dos gastos excepto a matriculación (85€) e o desprazamento ao Campus. 

SOLICITUDES. 
Os interesados deben realizar a solicitude do 16 de febreiro ata as 15:00 h. do 9 de marzo de 2018 enchendo un formulario por vía telemática na web www.campuscientificos.es ademais de cumprimentar a documentación adicional necesaria.

 MÁIS INFORMACIÓN. Tes toda a información na web www.campuscientificos.es no email informacion@campuscientificos.es e no teléfono 91 425 18 18.

No hay comentarios:

Publicar un comentario