martes, 7 de enero de 2014

Guía para a integración do alumnado con TEA en Educación Primaria

Atender con eficiencia a un alumnado heteroxéneo supón un importante desafío para a comunidade educativa que require dunha dotación de recursos e estratexias axeitados cos que poder ofrecer unha resposta pedagóxica adaptada e ao mesmo tempo un nivel optimo de intervención. Cada alumno ten unhas necesidades educativas individuais que requiren ser atendidas para que poida ter acceso a coñecementos, habilidades, sociabilidade, autonomía, etc., propios do grupo social no que integrarse. Na categoría de escolares con necesidades educativas especiais encóntrase o colectivo de alumnos con Trastorno do Espectro Autista (TEA), con peculiaridades que é preciso coñecer e ter en conta para levar a cabo unha intervención acertada e eficiente. Posto que na escola se desenvolve unha parte importante da vida dos nenos; para favorecer a evolución persoal e social do alumnado é preciso que a intervención psicoeducativa ofreza respostas ás necesidades individuais achegando o apoio necesario na instrución académica e favorecendo, tamén, a integración no seu grupo de iguais. 

                                          para aceder pincha na imaxe

FONTE :EspectroAutista.Info – Recursos en línea para los trastornos del ...


1 comentario:

  1. Moi boa entrada, Pastora. Deséxoche un bo comezo de trimestre. Unha gran aperta.

    ResponderEliminar