martes, 8 de noviembre de 2011

NI UN BESITO A LA FUERZA

O libro Ni un besito a la fuerza, de Marion Mebes e Lydia Sandrock, publicado pola editorial Maite Canal, presenta en forma de conto ilustrado unha forma de abordar a prevención da violencia sexual cos neno se nenas de Educación Infantil e Primaria sen necesidade de entrar en temas sexuais. Cuns debuxos sinxelos e letra cursiva, as autoras abordan cómo marcar límites ante situacións incómodas en forma de preguntas para comentar en familia ou na escola. Entrañable, sinxelo, optimista, é un libro moi recomendable.
Preme na imaxe para aceder ao libro.
Se o queremos escoitar e velo en imaxes pincha no vídeo.





Buscando e buscando máis atopei tamén da mesma autora e editorial NI UNA CARICIA A LA FUERZA



É un libro claro e sinxelo dirixido ao alumnado de infantil e primaria, aborda dunha maneira directa o tema do contacto físico non desexado. Ensina a distinguir situación cómodas e agradables das que non o son, insistindo na posibilidade de dicir NON. O obxectivo de ámbolos dous é a prevención sexual a menores.

No hay comentarios:

Publicar un comentario