martes, 20 de febrero de 2018

CAMPUS CIENTÍFICO DE VERÁN 2018

REQUISITOS. 
  • Estudar 1º Bacharelato na modalidade de Ciencias, ou ben, 4º ESO na opción de ensino Académico-Científico (coas materias de Bioloxía-Xeoloxía e Física-Química) ou na opción de  Aplicadas (coas materias de Tecnoloxía e Ciencias Aplicadas á Actividade Profesional).
  •  Nacer despois do 31 de decembro de 2000. 
  • Non ser beneficiario anteriormente do Programa Campus Científico de Verán.
  •  Obter unha nota media igual ou superior a 8’5 puntos nos estudos cursados no curso 2016/17. 

      OFERTA
    Os proxectos ofertados a elección do alumno enmárcanse en diversas áreas científicas: fotografía, antropoloxía e arqueoloxía, criptografía, criminalística, ciencias forenses, biodiversidade, biotecnoloxía, bioquímica, farmacoloxía, citología, xenética, química e tecnoloxía química, epidemiología, biomedicina, ecoloxía, agricultura, oceanografía, aerodinámica, ciencias do espazo, física, astrofísica, matemáticas, computación, informática, videoxogos, intelixencia artificial e ambiental, robótica, tecnoloxía, mecánica,…
     DATAS. Os Campus realizaranse en catro quendas do:
- 1 ao 7 de xullo: estudantes de 1º Bacharelato. 
- 8 ao 14 de xullo: estudantes de 1º Bacharelato. 
- 15 ao 21 de xullo: estudantes de 4º ESO. 
- 22 ao 28 de xullo: estudantes de 4º ESO. 

AXUDAS. 
As axudas cobren a totalidade dos gastos excepto a matriculación (85€) e o desprazamento ao Campus. 

SOLICITUDES. 
Os interesados deben realizar a solicitude do 16 de febreiro ata as 15:00 h. do 9 de marzo de 2018 enchendo un formulario por vía telemática na web www.campuscientificos.es ademais de cumprimentar a documentación adicional necesaria.

 MÁIS INFORMACIÓN. Tes toda a información na web www.campuscientificos.es no email informacion@campuscientificos.es e no teléfono 91 425 18 18.

viernes, 16 de febrero de 2018

PROBAS DE ACCESO A CICLOS DE FP DE GRAO MEDIO E SUPERIOR 2018


Publicouse a Orde do 22 de xaneiro de 2018 pola que se convocan as probas de acceso a ciclos de Formación Profesional de Grao Medio e Superior para o ano 2018.

PRAZOS DE INSCRICIÓN:

CICLOS MEDIOS: Entre o 12 e o 23 de marzo de 2018, ambos os dous incluídos.
CICLOS SUPERIORES: Entre o 8 e o 23 de febreiro de 2018, ambos os dous incluídos.

REQUISITOS DE INSCRICIÓN:
CICLOS MEDIOS: Non cumprir requisitos de acceso directo e ter alomenos 17 anos no 2018. 
CICLOS SUPERIORES: Non cumprir requisitos de acceso directo e ter alomenos 19 anos no 2018.

NON NECESITAN PROBA: As persoas que posúan un título de Técnico Medio (Ciclo de grao medio) ou BUP teñen acceso directo aos ciclos de grao superior, non necesitan proba de acceso. (Consultar web da Consellería).

CONSULTAR EXENCIÓNS E DOCUMENTACIÓN:
Orde do 22 de xaneiro de 2018

SOLICITUDE DE INSCRICIÓN:

En soporte papel na secretaría de calquera instituto de educación se­cundaria onde se impartan ensinanzas de ciclos formativos de formación profesional ou centros integrados de formación profesional (agás no CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro no caso da proba de acceso a ciclos de grao superior).
Via web na seguinte aplicación: https://www.edu.xunta.es/ciclosprobas/PaxinaInicio.doque estará activa durante o prazo de inscrición. Poderase cubrir a solicitude a través da aplicación dispoñible desde a páxina web http://www.edu.xunta.es/fp, que xerará a solicitude que a persoa interesada deberá imprimir e posteriormente presentar no centro de inscrición.
O centro de inscrición elixido pola persoa solicitante tomarase como referencia para a asignación da sede de realización da proba de acceso.

SOLICITUDE DE PROBA ADAPTADA:

As persoas con necesidades específicas derivadas de alteracións físicas, psíquicas ou sensoriais cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 % poderán solicitar as medidas ou os recursos adicionais necesarios para desenvolver a proba de acceso.
Quen solicite proba adaptada deberá facelo constar expresamente no momento da inscrición.
DATAS E HORARIOS DA PROBA:
Lembrar que hai que acudir á proba co DNI e a copia do impreso de inscrición que se realizou.

1. As probas de acceso aos Ciclos de Grao Medio terán lugar o día 31 de maio de 2018 no horario que se indica a seguir:
  • Ás 9.00 horas: presentación. 
  • Das 10.00 ás 13.00 horas: parte matemática e parte sociolingüística. 
  • Das 16.00 ás 18.00 horas: parte científico-técnica
2. As probas de acceso aos Ciclos de Grao Superior terán lugar o día 19 de abril de 2018 no horario que se indica a seguir:

  • Ás 9.00 horas: presentación. 
  • Das 10.00 ás 13.30 horas: Parte común da proba (matemáticas, lingua galega e lingua castelá). 
  • Das 16.00 ás 18.30 horas: Parte específica da proba (materias específicas da opción vinculada ao ciclo formativo ao que se desexe acceder, segundo o anexo VII da resolución).
CALENDARIO DAS PROBAS 2018:  Enlace para imprimir calendario

OUTRA INFORMACIÓN IMPORTANTE (PENDENTE DE PUBLICACIÓN) PARA ESTA CONVOCATORIA:
Ciclos Medios:
Acceso á nota informativa
Instrucións para a realización da proba.
Sedes (lugares) para celebración da proba 2018.
Consultar listaxes de inscritos, listaxes de exencións, notas.


martes, 10 de enero de 2017

CONVOCATORIA DAS PROBAS DE ACCESO A CICLOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL DE GRAO MEDIO E SUPERIOR 2017


Publicouse a Orde do 22 de decembro de 2016 pola que se convocan as probas de acceso a ciclos de Formación Profesional de Grao Medio e Superior para o ano 2017.
      PRAZOS DE INSCRICIÓN:

  • CICLOS MEDIOS: Entre o 13 e o 23 de MARZO de 2017, ambos os dous incluídos.
  • CICLOS SUPERIORES: Entre o 06 e o 15 de febreiro de 2017, ambos os dous incluídos.

      REQUISITOS DE INSCRICIÓN:
  • CICLOS MEDIOSNon cumprir requisitos de acceso directo e ter alomenos 17 anos no 2017.
  • CICLOS SUPERIORES: Non cumprir requisitos de acceso directo e ter alomenos 19 anos no 2017.
  • EXENCIÓNS E DOCUMENTACIÓN: Orde do 22 de decembro de 2017

    SOLICITUDE DE INSCRICIÓN:

    En soporte papel na secretaría de calquera instituto de educación se­cundaria onde se impartan ensinanzas de ciclos formativos de formación profesional ou centros integrados de formación profesional.
    Via web na seguinte aplicación:
    https://www.edu.xunta.es/ciclosprobas/PaxinaInicio.do que estará activa durante o prazo de inscrición.

    DATAS E HORARIOS DA PROBA:

    1. As probas de acceso aos Ciclos de Grao Medio terán lugar o día 31 de maio de 2017 no horario que se indica a seguir:
    Ás 9.00 horas: presentación.
    Das 10.00 ás 13.00 horas: Matemáticas, Lingua galega, Lingua castelá  e Ciencias sociais.
    Das 16.00 ás 18.00 horas: Ciencias da natureza e Tecnoloxía
    2. As probas de acceso aos Ciclos de Grao Superior terán lugar o día 20 de abril de 2017 no horario que se indica a seguir:
    Ás 9.00 horas: presentación.
    Das 10.15 ás 13.30 horas: Parte común da proba (matemáticas, lingua galega e lingua castelá).
    Das 16.00 ás 18.30 horas: Parte específica da proba (materias específicas da opción vinculada ao ciclo formativo ao que se desexe acceder, segundo o anexo VII da resolución).
Lembrar que hai que acudir á proba co DNI e a copia do impreso de inscrición que se realizou.



INFORMACIÓNS DE INTERÉS NESTA CONVOCATORIA

IMPRESOS PARA INSCRICIÓN NA PROBA:
Impresos proba acceso a Ciclos Medios:
Modelo de solicitude de inscrición
Modelo de certificacións de actividades realizadas na empresa
Solicitude de corrección do documento de identificación
Modelo de reclamación ás cualificacións das probas de acceso a grao medio.

Impresos proba acceso a Ciclos Superiores:

Modelo de solicitude de inscrición
Modelo de certificacións de actividades realizadas na empresa
Solicitude de corrección do documento de identificación
Modelo de reclamación ás cualificacións das probas de acceso a grao superior

Orde do 22 de decembro de 2016 pola que se convocan as probas de acceso a ciclos de Formación Profesional de Grao Medio e Superior para o ano 2017.
    Materiais didácticos para facilitar a preparación das probas de acceso a ciclos formativos de grao medio.
Prema nas seguintes ligazóns para acceder aos materiais (ficheiros en formato ZIP. Debes descomprimilos nun directorio):

Materiais da parte científico-tecnolóxica

Material da parte científico-tecnolóxica.

Materiais da parte sociocultural.

Materia de Xeografía, historia e ciencias sociais.
Materia de Lingua galega e literatura.
Materia de Lingua castelá e literatura.

MODELOS DE EXAMES ANTERIORES

viernes, 4 de noviembre de 2016

FUNCIONAMENTO DO CEREBRO E TDA-H

Vídeo moi interesante que dunha maneira moi sinxela acércanos á comprensión do que ocorre no cerebro dos nenos/as que presentan un Trastorno por Déficit de Atención con Hiperactividade.

 
Fuente: Recursos de Orientación educativa

jueves, 30 de junio de 2016

Instrucións e Oferta formativa de ciclos de Formación Profesional en Galicia 2016/2017

(Ata o 5 de xullo de 2016 atenderase vía telefónica ou presencial, de 10 a 14 horas, para axudar ao alumnado e familias no proceso de admisión en calquera ciclo de FP)

A Consellería de Educación publicou as ordes polas que se actualiza a oferta de ciclos de Formación Profesional para o curso 2016/2017.

Orde do 10 de xuño para Réxime Ordinario.
Orde do 13 de xuño para oferta modular do Réxime de Adultos.

Instrucións





Ligazón coa web.



Réxime ordinario, grao profesional básico, grao medio e grao superior:
Clasificada por familia profesional e ciclo formativo (actualizado 23.06.2016)
Clasificada por provincia e concello (actualizado 23.06.2016)

Réxime das persoas adultas na modalidade presencial (oferta modular):
Clasificada por familia profesional e ciclo formativo (actualizado 23.06.2016)
Clasificada por provincia e concello (actualizado 23.06.2016)

Réxime da persoas adultas na modalidade a distancia (oferta modular):
Clasificada por familia profesional e ciclo formativo (actualizado 23.06.2016)
Clasificada por provincia e concello (actualizado 23.06.2016)

Oferta de prazas para formación profesional dual:
Clasificada por familia profesional e ciclo formativo (actualizado 20.06.2016)
Clasificada por provincia e concello (actualizado 20.06.2016)

Oferta de prazas para os módulos correspondentes a programas formativos básicos (Para alumnado con Necesidades Educativas Especiais):
Oferta de programas formativos básicos por familia profesional e ciclo formativo (actualizado 23.06.2016)
Oferta de programas formativos básicos por provincia e concello(actualizado 23.06.2016)

Oferta de prazas para probas libres de ciclos formativos:
Relación de ciclos e prazas obxecto de esta convocatoria

Oferta de FP en centros privados:
Centros privados con oferta de FP autorizada