martes, 24 de mayo de 2016

CONTOS PARA EXPLICAR E ENTENDER O ALZHEIMER

DENDE OS 5-6 ANOS:

La abuela necesita besitos


Abuelita, ¿te acuerdas?




Estas en la luna

En la laguna mas profunda

ENTRE 10 E 16 ANOS

Alzheimer ¿ que tiene el abuelo?
El Rey olvido y mi abuela María

Material elaborado por la A.F.A Nuestros Ángeles co obxectivo de que o alumnado de primaria coñeza os conceptos e particularidades da enfermidade de alzheimer. O caderno podemos descargalo neste enlace.

martes, 3 de mayo de 2016

PROTOCOLO IDENTIDADE DE XÉNERO

A Xunta presenta o protocolo educativo para garantir a igualdade, a non discriminación e a  libertade de identidade de xénero, con fin de avanzar na atención á diversidade do alumnado galego.

martes, 19 de abril de 2016

GUÍA DE AXUDAS SOCIAIS E SERVIZOS PARA AS FAMILIAS

O Goberno de España, as Comunidades Autónomas e as corporacións locais ofrecen axudas sociais ás familias españolas tal e como establece a distribución competencial do Estado nesta materia.
No caso das competencias do Goberno de España, as axudas ás familias tramítanse a través de diferentes organismos, como a Seguridade Social ou a Axencia Tributaria.
Algunhas das principais axudas ás familias que conceden as diferentes administracións en España podédelas ver na nova guía que se publicou e que podedes descargar picando AQUÍ !!



martes, 5 de abril de 2016

viernes, 1 de abril de 2016

PROTOCOLO DE PROTECCIÓN DE DATOS

O  protocolo de protección de datos é un documento que aborda unha serie de pautas dirixidas a toda a comunidade educativa, co fin de gozar de maior seguridade xurídica na xestión e tratamento de datos persoais.
Céntrase, sobre todo, nas dúbidas máis frecuentes manifestadas por directores e docentes sobre cuestións como a utilización de imaxes ou o emprego de cámaras de videovixilancia, entre outros.

CONTOS TRASTORNO DO ESPECTRO AUTISTA (TEA)

O 2 de abril celébrase o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo. Este ano, 2016, co tema "O Autismo e a Axenda 2030: inclusión e neurodiversidad". Convidámosvos a visitar unha colección de contos sobre o autismo en Pinterest, recopilados por Pilar Fernández. Este material pode facilitar a sensibilización cara aos nenos con Trastorno do Espectro do Autismo (TEA), e polo tanto a súa inclusión tanto a nivel educativo como social. Podes visitar a recopilación de contos sobre autismo AQUÍ.

martes, 15 de marzo de 2016

PROTOCOLO TRASTORNO DO ESPECTRO DO AUTISMO (TEA)

A Consellería de Cultura e Educación presentou o primeiro protocolo para o alumnado con trastorno do Espectro de Autismo (TEA).

Podedes descargalo pinchando na imaxe