lunes, 5 de marzo de 2012

O MEU BLOG É DE CO2 NEUTRAL


No ano das enerxías sostibles van xurdindo moitas e boas iniciativas como esta que atopei no Blog Actividades para educación infantil, tratase dunha iniciativa de Geniale, unha empresa de ofertas e catálogos por internet que propón: "Mi blog es de CO2 neutral", que ten como obxectivo anular as emisións de dióxido de carbono emitido polos servidores que interveñen no almaceamento e publicación dos nosos blogs. Se queredes saber máis pinchade sobre o enlace anterior.

Algunhas das preguntas que aparecen na web de:

Haz que tu blog sea de impacto cero. Planta gratis un árbol con la ayuda de Geniale

Que valor ten ser “carbon neutral” ?
É u sono da ecoloxía e é o medio para eliminar o dióxido de carbono que se produce.
Como? ¡Plantando árbores no mundo!

Como pode unha árbore anular a producción de dióxido de carbono do teu blog? Canto CO2 produce o meu blog? 
Segundo o Dr. Alexander Wissner-Gross, un activista do medio ambiente e físico de Harvard, un sitio web produce un promedio de 0,02 gramos de CO2 por cada visita. Calculando 15.000 visitas de páxinas ao mes, esto se traduce en 3,6 kg de CO2 ao ano. Esta producción está principalmente vinculada á operación dos servidores.
Planta unha árbore de forma gratuita e converte o teu blog en “carbon neutral”
"Meu blog é de carbono neutral" é unha iniciativa que ten como obxectivo o de anular as emisións de dióxido de carbono. Nos prantaremos unha árbore para anular a producción de dióxido de carbono que produce o teu blog, desa maneira as emisións quedarán anuladas por un tempo correspondente a 50 anos!

Porque Geniale.es apoia esta iniciativa?
Por que transforman os catálogos de papel en catálogos dixitais, o cal serve para aforrar papel e para acabar coa deforestación. O obxectivo con este proxecto é o de plantar novos árbores.
Reequilibra o CO2 producido polo teu blog (ou sitio): ¡Participa!

AXUDAS LINGUAS ESTRANXEIRAS ALUMNADO 2012


Hoxe publícase no DOG a ORDE do 22 de febreiro de 2012 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2012, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.

Destinatarios:
  • 6.º de educación primaria
  • 1.º, 2.º, 3.º e 4.º da ESO
  • 1.º ou 2.º de Bacharelato
  • Ciclos formativos de grao superior, que teñan un módulo profesional de lingua estranxeira no seu currículo.
Teñen que ter acadado no curso 2010-2011 unha cualificación mínima de ben, para o alumnado de educación primaria, e de 6 para o de educación secundaria obrigatoria, de bacharelato e de ciclos formativos, na área, materia ou módulo de lingua estranxeira que se vai perfeccionar na estadía.

O prazo de presentación de solicitudes ábrese mañán día 6 de marzo ata o 07 de abril, e pódese faceronline no seguinte enlace AXUDASLE

Máis información no DOG de hoxe

COMO ELEGIR?: GUIA DE ORIENTACIÓN PROFESIONAL

Cando rematamos os nosos estudos da ESO  e do Bacharelato en moitas ocasións atopamonos nunha encrucillada, non sabemos moi ben que vía tomar para continuar a nosa formación. O exemplar da revista presenta un abanico de profesións, destacando as que mais porvenir teñen no mercqado laboral e unha relación de páxinas e direccións Web onde poder asesorarte.
Subdirección General de Orientación y Formación Profesional.
Autor/es: Blaco Moyano, Angela; Cepeda Gómez, Carmen; Sanz López, Clara



domingo, 4 de marzo de 2012

PROBA LIBRE DE GRADUADO NA ESO: Maiores de 18 anos

Se tedes máis de 18 anos e non estades cursando os estudos conducentes á obtención deste título nalgún instituto (EPA), podedes considerar a opción de vos presentar a estas probas libres para obter a titulación de graduado en educación secundaria obrigatoria.
Podedes consultar toda a información sobre a convocatoria e modelos de exames AQUÍ.
Tede en conta que este ano, a diferenza dos cursos pasados, a proba adiántase ao mes de abril, no canto de xuño.
As datas previstas para a celebración das probas para a obtención do título de graduado en secundaria para maiores de dezaoito anos no ano 2012 son:

            -Primeira convocatoria: 27 de abril. Período de inscrición: 20 ao 30 de marzo.
            -Segunda convocatoria: 13 de setembro. Período de inscrición: 3 e 4 de setembro.

8 de marzo: TITORIAS

Para traballar coas titorías o vindeiro día 8 de marzo, día internacional da muller, podemos acceder ás seguintes páxinas e utilizar os materiais e os diverssos recursos relacionados co tema.



AXUDAR AO TEU FILLO/A NA ADOLESCENCIA

"Como axudar ao teu fillo/a nos primeiros anos da adolescencia" Pincha aquí. 

Vía: Crea y aprende con Laura y http://psicosystem.blogspot.com/